Novas

Información de interese

Información COVID-19 16/02/2021

Xa publicada no DOG a prórroga das restriccións con algunhas excepcións que entran en vigor mañá día 17 de febreiro ata o día 3 de marzo (ainda que o luns 22 revisaranse):

·Mantense peche perimetral de cada concello e reunións só entre conviventes.

Comercio: mantense aforo ó 50% e poderán estar abertos ata as 21:30. Os centros comerciais pecharán o sábado, domigo e festivos. Excepción dos vinculados a alimentación.

Hostelería: peche total ó consumo. Para servir a domicilio ata as 22:00 horas e para levar a domicilio ata as 24:00 horas. Poderán abrir comedores de empresa e comedores de estación de servizos para conductores profesionais que terán que comer en mesas individuais.

Ter en conta que se están estudando medidas para apertura da hostelería coa implantanción de sistema de control de clientes. (¿Código QR?)

Apertura con aforo do 30%: bibliotecas, arquivos, salas de exposicións, cines, teatros e auditorios.

Apertura de enseñanzas especializadas, idiomas, música: a partir do día 22.

Prestacións de autónomos: Xa se tramitaron segundo fomos informando. Informaremos dalgunhas nos seguintes días.

Subvencións Xunta: estamos pendentes de que se publiquen as axudas anunciadas pola Xunta, previsiblemente nesta semán. Informaremos e xestionarémolas de inmediato.

image_pdfimage_print