Información COVID-19 20/01/2021

Xa publicada no DOG as novas medidas a aplicar a partir de mañá 21 de xaneiro:

Novos concellos da provincia que pasan o nivel de restriccións Máximo-Alto: Celanova, Porqueira, Ribadavia, Transmiras e Vilar de Santos, que se xuntan os que xa estaban de Allariz, Barbadás, Ourense, Monterrei, O Carballiño, Verín e Xinzo de Limia. O resto dos concellos siguen en Nivel Medio-Alto.

A maiores faise unha restricción maior do Concello de Xinzo de Limia podendo só reunirse pública e privadamente conviventes. Só poderán estar abertas as actividade esenciais e polo tanto pecharán temporalmente os establecementos de restauración, cafeterias e e bares (si poderán despachar comida para levar ata as 22:00 horas e servila a domicilio ata as 24:00 horas). Tamén se pechan ximnasios, xogos, bibliotecas, espectáculos públicos e actividades culturais. O Comercio ó 50% do aforo.

ERTES: onte aprobouse no Consello a prórroga dos ERTEs ata o 31 de maio con algunhas melloras, mantendo os requisitos e esixencias como o manteñemento do emprego despois do ERTE durante 6 meses.

PRESTACIÓNS DE AUTONÓMOS: anunciouse un acodo para prórrogar as prestacións de autónomos por cese de actividade ata o 31 de maio si hai unha caída do 50% da actividade e tamén se exonerará o 100% da cuota de autónomo. Non se aplicará de momento a subida prevista para este ano.