Información COVID-19 22/04/20
As medias máis relevantes do RDL 15/2020, publicadas hoxe, de xeito telegráfico son:
1º.- IVA 0% para material sanitario ata 31 de xullo ,relacionanse todos os productos , para destinatarios que sexan entidades de dereito público ou privadas de carácter social, clínicas ou hospitais.(non é para consumidores finais).
2º.-IVA 4% para libros, xornais e revistas dixitais.
3º.-PAGOS FRACIONADOS IMPOSTOS DE SOCIEDADES: podrase optar a facer pago fracionado do 1º trimeste en función do resultado do 2020, e si se é superior á 600.000 para o segundo que en outubro e descontarase o primeiro.
4º.-ACTIVIDADES EN MODULOS: poden liquidarse os módulos descontando os días de Estado de Alarma, ou cambiar para Estimación Directa durante o 2020 podendo voler no 2021.
5º.-Ampliase o prazo de todo que vencia a 30 de abril ou 20 de maio para o día 30 de maio do 2020.
6º.-As autoliquidacións presentadas en prazo pero non ingresadas, cando o contribuinte solicitara financiación segundo RDL 8/20, non se iniciará o periodo executivo, sempre e cando se cumpran unhos requisitos.
7º.-Prestación de desemprego para os traballadores que se extinguiu durante o periodo de proba o contrato feito dende o 9 de marzo ou para os que se extinguira voluntariamente dende 1 de marzo por ter outra oferta que decaeu.
8º.-Amplianse os ERTEs de causa de forza maior para aqueles sectores esenciais que viron reducidos os seus ingresos.