Información COVID-19 23/02/2021

1.-Anunciadas as novas restriccións que entrarán en vigor o venres 26 de febreiro. Ainda están pendentes de publicar no DOG con detalle. Enviaremos información nos vindeiros días.

2.-Entre o venres 19 e hoxe 23 de febreiro xa se publicaron as catro Subvencións da Xunta (Plan Rescate II) para as actividades con redución de ingresos do 2020/2019 e peches por ordes de Sanidade. Como xa lle informamos, irémolas solicitando para os que cumpren os requisitos.

3.-Xa están chegando as resolucións das prestación de autónomos e estamos enviándollas aos seus correos. É previsible que cobren nesta semán ou a principios da que ven. Recordamos que cargarán o recibo da cuota de autónomos a excepción das prestacións nas que están exenorados.

4.- As cuotas de autónomos deste mes de febreiro virán cun cargo a maiores correspondente aos atrasos que quedaban pendentes de xaneiro a agosto do 2020 (cantidade pequena que está en función da base).

5.-As axudas para investimentos en terrazas e en sistemas de envío a domicilio que remataban o 28 de febreiro, volvéronse a convocar para o 2021. O venres 19 de febreiro publicouse a posibilidade de solicitar a exención do canon da auga e coeficiente de vertedura que aparecen nos recibos-facturas de auga. Se están interesados na subvención ou na exención deben contactar con nós e ordenarnos a sua xestión.