Información COVID-19 26/01/2021
Pendente de publicación no DOG as novas medidas a aplicar a partir de mañá 27 de xaneiro e en principio ata o 17 de febreiro:
Restrínxese a mobilidade ó ámbito perimetral de cada concello. Toque de queda as 22:00 horas.
Reunións sociais limitadas ós convivintes.
Comercio: só o esencial ata as 21:30. O resto pechar as 18:00 horas. Os Centros comerciais pecharán o fin de semán.
Hosteleria: peche total ó consumo. Para servir para domicilio ata as 22:00 horas, para levar a domicilio, e poderán abrir comedores de empresa.
Peche entros sociais, comunitarios, clubes de xubilados, biblotecas, ximnasios, museos e espectáculos. Só poden abrir centros de día e residencias.
ERTEs: Ante esta situación recordamos que se poden solicitar os ERTEs por impedimento nos que pagará o SEPE os traballadores e exoneraranse o 100% as cuotas da Seguridade Social.
PRESTACIÓNS DE AUTÓNOMOS: Tamén se poderá solicitar prestacións para autónomos segundo as circunstancias, incluso ainda que se fagan ventas para levar a domicilioE tamén quedarán exoneradas as cuotas o 100%.. Ainda están pendentes de aprobar.
SUBVENCIÓNS XUNTA: Anunciaronse subvencións á hostelería por parte da Xunta con 50MM, na que se quere que participen deputacións e concellos.
ALUGUERES E FINANCIACIÓN: aparte dos que cumpran requisitos que marquen as normas, deben iniciar proceso de negociación con propietarios e bancos.