Información COVID-19 29/12/2020

Restriccións de mobilidade
As restrincións que entran en vigor mañá na provincia de Ourense son as seguintes:

Mantéñense as restrincións máximas na Rúa e Sarreaus e incorpóranse os concellos de Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro (formando estes catro un perímetro conxunto). Pasa a restrincións de tipo Medio-Alta o Concello de Xinzo de Limia.

Medidas para o Fin de Ano (30 decembro – 1 xaneiro)
Dende mañá (día 30) ata o día 1 ás 23:00 horas poderase entrar e sair en todos os concellos, xustificando o desprazamento a lugares de residencia habitual de familiares (non se dice nada de xustificar documentalmente).
O horario do toque de queda segue ata as 23:00 horas, salvo o día 31 que se amplía ata a 01:30 (da madrugada do día 1) só para regresar ao domicilio.
O día 1 os locais de hosteleria retrasarán a apertura as 11 da mañá.
Retrasarase o peche dos locais dos concellos con máis restriccións e de Medio-Alta (Rúa, Sarreaus, Verín, Monterrei, Castrelo, Cualedro e Xinzo de Limia) das 17:00 ás 18:00 horas para sempre.
Os encontros familiares recomendan que se limiten á unidade de convivencia. No caso de que sexan de dúas unidades de convivencia, limítase o número de persoas a 10.
No caso de que o encontro sexa de máis de dúas unidades, non poderán superar as 6 persoas maiores de 10 anos e 4 menores de 10 anos.

Feliz ano e un saúdo!
Asesoría Bieito