1

INFORMACION DE “CANJE” DE TICKES E F.SIMPLIFICADA /FACTURAS RECTIFICATIVAS/RECAP.E DUPL.

FACTURAS DE “CANJE”

A posibilidade de que si unha empresa ten facturas simplificadas ou tickes dun gasto para poder deducilo, pódese solicitar o acredor correspondente que se faga unha factura completa con todos os datos e identificado a empresa para que poida deducirse legalmente. Isto pódese facer durante o prazo de catro anos e na factura debería reflectirse os datos do tiket, tal como establece o artigo 164.Un.3º da lei 37/1992.

Para Solicitar este “ canje” debese de remitir as facturas ou tickes orixinais, ou unha dixitalización certificada acreditada ante AEAT( Exe. Tradise Paperless)

En principio, non supón ningún cambio en libros nin en impostos.

A SOLICITUDE DO “CANJE” DAS FACTURAS DIRECTAMENTE OU POR MEDIO DE EMPRESS ESPECIALIZADA

Esta Solicitude pode facelo directamente a empresa(autónomo)  interesada ou por medio de empresas especializadas que se adican o xestión do gasto e que se encargan de facelo,( Exe. 60 días SL e outras)  incluso estas empresas poden acollerse a facturación de terceiros que quere dicir que para facilitarlle o traballo o acredor fan iles as facturas e envíana a empresa interesada do “canje”, sempre e cando asinen un convenio, para o cal deben de facer unha serie específica para cada destinatario. Si o empresario decide contrata a unha destas empresas e asinar o convenio débenolo facer saber e remitirnos esas facturas para incorporalas os libros, e, si as fai directamente  a empresa obrigada, igualmente deberá remitilas para incorporalas.

Evidentemente, estas empresas de xestións do gasto cobrarán polos seus honorarios

FACTURAS RECTIFICATIVAS

SUPOSTOS:

  • Omisión dalgún dato ou incumprimento dos requisitos das facturas.
  • Incorrecta fixación da cuota repercutida
  • Concorrencias de circunstancias que dan lugar a modificacións: obrigatorias, como devolución de envases e descontos posteriores as operación, así como modificación do prezo debido a unha esixencia legal, ou cando se deu o prezo provisional; e voluntarias: situación de concurso e cuotas repercutidas incobradas, requiridas ou demandadas, transcorridos  os 6 meses ou 12 meses ( Gran empresas IVA).

PROCEDEMENTO:

Realizar unha nova Factura cunha Serie especifica (R), con numeración correlativa, con data actual(antes do 15 do mes seguinte), e na que se faga referencia as Facturas que se rectifican, podendo ser unha ou varias, e non é necesario si se trata de devolución de envases e se fai nunha factura normal posterior.

O Xeito de Rectificala pódese optar entre sustituir a que se rectifica indicando as causas ou complemetar a diferenza, sexan positiva ou negativa.

FACTURAS RECAPITULATIVAS

Pódese incluír nunha só factura distintas operación facturadas o mesmo destinatario, sempre e cando sexan realizadas dentro do mesmo mes natural.

FACTURAS ORIXINAIS E DUPLICADOS

A expedición do orixinal será só de un, e poderase expedir duplicados, onde se indicará  “DUPLICADO”, podendo utilizar a mesma factura para varios destinatarios con indicación de Base e cuota que lle corresponde a cada un.