1

Información Laboral trala publicación do RD-lei 16/2013 do 21 de-12- 2013: ista norma supón cambios importantes en algunhas das nóminas

  • Vanse incrementar as cotizacións das nóminas que teñan incluidos os seguintes conceitos: Plus de Transporte, Retribucións en especie, Dietas de manutención e distancia que superen as do IRPF. Esto vai supor un aumento de cotizacións para empresa e para o traballador, o que tamén vai supor unha disminución do importe líquido dalgunhas nóminas.
  • Vanse comprobar si as dietas están xustificadas que se realicen realmente, intentando evitar que as empresas as utilicen como pagos de soldos.
  • Aconsellamos que todas as empresas que conten con traballadores, comproben as dietas e demáis complementos salariais para facer os axustes correspondentes e nos lo fagan chegar.

En todo caso, nas vindeiras semáns iremos contactando con vostedes para comprobar os axustes que fixeron ou que pretenden facer.

En canto as cotizacións que van aumentar van ter efecto na nómina de xaneiro e nas cotizacións de febreiro. A maiores haberá que facer as cotizacións dende o 22 ao 31 de decembro, e ,estas pagaranse en marzo.

Todos istes cambios poden levar a ter que facer rectificacións de nóminas e algún retraso na confección dalgunha delas que lle iremos comunicando.