1

Información relativa á situación provocada polo Coronavirus

A Xunta Declarou Situación e o Plan de Emerxencia Sanitaria en Galicia entrand en vigor no dia de hoxe.



As medidas máis relevantes son:

  • Peche ao público de bares, restaurantes e cafeterías, aínda que poderán prestar servizos de envío a domicilio ou recollida no local mantendo sempre a distancia de seguridade. A permanencia no establecemento será só a estritamente necesaria.
  • O peche non afecta a bares nin restaurantes situados en establecementos hoteleiros nin aos comercios minoristas de alimentación e produtos de 1ª necesidade.
  • Nas grandes superficies permanecerán abertos ao público só os establecementos de alimentación e 1ª necesidade.
  • Péchanse discotecas, cines, teatros, establecementos de xogo, salas de concertos, auditorios, recintos feirais, establecementos de ocio e entretemento, centros de ocio infantil, pavillóns, recintos deportivos, ximnasios e piscinas.
  • Péchanse os albergues do Camiño de Santiago.
  • Restrición nos funerais: aforo máximo de 1/3 da capacidade e 25 persoas máximo para o acompañamento do cortexo fúnebre.

  • HOXE está previsto que se declare o Estado de Alarma.

Seguiremos informando das medidas aprobadas polo goberno e das medidas que poden tomar nos seus negocios como consecuencia destas medidas.