INFORMACIÓNS
Publicouse no Doga as seguintes medidas que entran mañá dia 27 en vigor e na que se prorroga a orden do 22 de outubro, modificandoa para que se permita realizar cócteis e actos de recepción con aperetivo de pé, pero no momento de retirar a máscara debe respectarse a distancia interpersoal.
Estos grupos como as mesas ou agrupación destas en hosteleria e ocio nocturno só poderán ser de 8 persoas no interior e 15 na terraza(ata agora 10 e 20).O Tribunal Superior de Galicia acaba de anunciar que aproba o acordo Xunta-Hosteleria(pendente de publicar e con probabilidade de entrada en vigor de mañá sábado) de que se Solicite os clientes o Certificado Covid ou proba negativa Covid nos Restaurantes durante todo o seu horario de apertura e nos bares e cafeterias a partir das 21 horas (como xa se esixe no ocio nocturno).