MEDIDAS A ADOPTAR NESTE MES DE DECEMBRO PARA AXUSTAR IRPF 2024
1.- Amortización anticipada de préstamos hipotecarios para vivendas habituais polas que estean deducindo e non chegan a 9.040 euros.
2.- Aportación a plans de pensións existentes ou novos dentro dos límites e requisitos para que o contribuínte aproveite maior deducibilidade. Así como aportacións a plans de pensións do cónxuxe si cumpre os requisitos.
3.- Facer donativos a entidades con recoñecemento de interese Social.
4.-Deducións do 20%, 40% ou 60% en inversións nas vivendas por eficiencia enerxética e do 15% en vehículos eléctricos e enchufables e en puntos de carga para estes.
5.- Manter o contrato de arrendamentos de vivenda daqueles realizados con anterioridade ó 26/05/2023, para que se poida manter redución dos rendementos do 60%.
6.- Transmisións de vivenda habitual ou outras para contribuíntes maiores de 65 anos xa que poden quedar excluídas de tributación.
Son estas as máis significativas, pero en todo caso póñase en contacto con Nós por medio da súa Responsable para maior información.