MEDIDAS A FACER NESTE MES DE DECEMBRO PARA REBAIXAR IRPF
Manter os contratos de arrendamentos de vivenda habitual para que se poida reducir o rendemento no 60%, xa que para os contratos que se realicen a partir do 2024 a redución Baixa á 50%.
Dedución do 50% das cantidades satisfeitas en accións ou participación de empresas novas ou recente creación de tres a cinco.
Amortización anticipada das hipotecas para vivenda habitual sempre que este dentro do limite dos 9.500 euros.
Contribuíntes maiores de 65 anos poden quedar excluídos de tributación as gananciais patrimoniais da transmisión da vivenda habitual e doutros elementos sempre e cando se constituía unha renda vitalicia.
Dedución do 15% para adquisición de vehículos eléctricos, enchufables e de pila e instalación de puntos de recarga, cun máximo de 20.000 para vehículos e de 4.000 para instalación.
Dedución do 20%, 40% ou 60% de obras de mellora de eficiencia enerxética de vivenda con límites de contía, tipoloxía de obras e cos certificados de eficiencia enerxético.
Aportación a plans de pensión cos límites do 30% dos rendementos netos, de 1.500 euros que se pode incrementar en 8.500 ou 4.250 no caso de que aporten conxuntamente entre empresa e traballador ou no caso de autónomo.
Aportacións realizadas a previsión social do cónxuxe co límite de 1.000 euros sempre e cando non teñan rendementos netos de 8.000 euros.
Dedución por donativos e aportacións a outras entidade sen fin lucrativas.
Si ten actividade económica recomendamos que os Rendementos desta sexa como mínimo o Salario base ou SMI e se movan nunhos rendementos do sector, xa que a AEAT está a facer comprobacións no caso contrario
Si teñen algunha dúbida poden contactar con Nós, así como si queren que fagamos unha Simulación da Renda do 2023 que realizaremos por unha tarifa axustada segundo o tipo de renda.