1

Medidas urxentes que entran en vigor o día 1 de xaneiro do RDL20/2022, presupostos Estado e Xunta do 2023 e demais normativa relevante:

1.-Pasan a IVA 0%/ Recargo de Eq.: 0%: Pan e masa conxelada común, fariñas panificadas, todas as leites, queixos, ovos, froitas, verduras, vexetais, tubérculos, cereais naturais.(Ata o 30 de xuño ou 30 de abril si o IPC de marzo é superior o 5.5%)
2.-Pasan a IVA 5%/ Recargo de Eq.: 0,625%: aceites de oliva e de sementes e as pastas alimenticias. .(Ata o 30 de xuño ou 30 de abril si o IPC de marzo é inferior o 5.5%)
3.-Prorrógase ata 31 de decembro 2023 o 5% de IVA e 0,625 de Recargo as entregas de briquetas e pellets de biomasa e madeira para leña.
4.-Prorrógase ata 31 de decembro 2023 o 5% de IVA do consumo de enerxía eléctrica con potencia ata 10 KW, e perceptores que sexan perceptores do bono social. Manténse o Imposto a electricidade de 0,5%.
5.-Prorrógase ata 30 de xuño o 4% IVA para as “mascarillas” quirúrxicas desbotables.
6.-Desapararecen a bonificación xeralizada dos 20 céntimos dos carburantes, e manteranse para transportistas, agricultores e pescadores. Para os transportistas que usen gasóleo profesional será de 20 céntimos durante os primeiros 3 meses e de 10 céntimos nos seguintes 3 meses que devolvera mensualmente a AEAT. Para os titulares de autorización de transportes(autobuses, taxis, ambulancias, VTC e mercancía) terán unha axuda directa polo consumo dos vehículos estimado durante 6 meses que poderán ser entre 300 e 3.690€.
7.-Proibición durante 2023 de corte de luz ,gas natural e auga os consumidores calificados de vulnerables.
8.-Limitar ata 30 de xuño o prezo máximo da bombona de butano. Limitación de peaxes en todo o 2023 ó 4%.
9.-Extendese a todo 2023 a gratuidade do transporte público de ferrocarril e terrestre de cercanías, rodalíes e media distancia con bonificacións de algunhos billetes e segundo as CCAA.
10.-Prorrógase durante o 2023 a limitación do 2% da actualización dos contratos de aluguer de vivenda, e ata o 30 de xuño suspéndense de deshaucios.
11.-Dedución por maternidade mellóranse os requisitos de cotización e para mantela os que xa veñen percibindo.
12.- Axuda de 200 euros para as familias que foran traballadores, autónomos ou parados que non alcanzaron no 2022 os 27.000 euros de rendas, que non teñan patrimonio superior a 75.000 euros, e poderán solicitalo a partir do 15 de febreiro ata 31 de marzo por medio da páxina da AEAT. Tamén se incrementa o Ingreso mínimo vital nun 15% para 2023.
13.-RETENCIONS IRPF: Algunhos traballadores con retribucións entre 14.000 e 21.000 euros poden verse incrementado o líquido a percibir na nómina de xaneiro ou febreiro pola redución de tributación. Modifícanse as retencións de profesionais artistas que poden pasar o 7% e os dereitos de autor do 19% o 15% si se cumpre uns requisitos.
14.- As Sociedades de Reducida dimensión que o volume de negocios non alcancen 1.000.000 de euros no 2022 , pasaran de tributar do 25% ó 23% para 2023.
15.-Nas actividades económicas de ED Simplificada os gastos de difícil xustificación pasan do 5% o 7% pero sigue o límite de 2.000 euros.
16.-NO IRPF para 2023 a escala de aforro pasan a tributar para bases superiores a 200.000 ó 27% e para as superiores a 300.000 ó 28%.
17.-NOVO IMPOSTO SOBRE AS GRANDES FORTUNAS: entra en vigor hoxe e polo tanto deveñanse o 31-12-2022 para os que teñan un patrimonio superior a 3.000.000 de euros e poderán restar o que pagan no Imposto de Patrimonio.

18.-Imposto Especial sobre plásticos non reutilizables que entra en vigor no 2023, e aplicáselle a todas empresas que utilizen plásticos non reutilizables deberán pagar 0,45 euros por cada kilogramo, e si teñen plásticos reutilizables terán que acreeditalo por entidade competente.

Seguir