Novas baixas médicas por incapacidade temporal
Con efectos do 01 de xuño deste ano entraron en vigor 3 novas situacións de incapacidade temporal por continxencias común e que teñen como obxetivo conciliar o dereito a saúde co emprego das mulleres traballadoras.
1.- Baixa no caso de menstruación incapacitante secundaria derivada dunha dismenorrea (forte dor relacionado coa menstruación) xerada por unha patoloxia previamente diagnosticada.
2.- Interrupción do embarazo (voluntaria ou non) mentres a muller reciba asistencia sanitaria polo Sergas e esté impedida para traballar.
3.- Baixa por xestación a partir do primeiro día da semán 39 ata o parto.
En todas elas será o médico de cabeceira o encargado de tramitar a baixa, e a prestación correrá a cargo da Seguridade social ou da mutua dende o primeiro día, no caso de baixa de menstruación incapacitante, e dende o día seguinte da baixa médica no caso de tratarse dunha interrupción do embarazo ou dunha baixa na semán 39 de xestación, sendo soamente a cargo da empresa o primeido día de baixa nestes dous últimos casos. En todas elas a empresa está obrigada o pago delegado da correspondente prestación procedendo a descontarse posteriormente nos seguros sociais do mes como calquer outra baixa.