1

NOVEDADES FISCALES PRINCIPALES PARA 2025

As normas aprobadas nestes días de decembro e as modificación nos prazos previstos das xa existentes son esquemáticamente as seguintes:

1.-Baixada do 10% ao 4% da leite fermentada e iogures (algúns supermercados xa o adiantaron dende o 24 de decembro)
2.-Desaparecen as reducións de IVA os alimentos básicos , o que estaba o 2% pasa o 4%, e o que estaba o 7,5% pasa ao 10%, salvo o aceite de oliva que se  fixa de xeito permanente ao 4%. O IVA da electricidade que estaba ao 10% pasa ao 21%.
3.-Imposto de Sociedades: as micro empresas (<1.000.000 de facturación) tributaran o 21%  ata 50.000 de Resultados , e o 22% polo resto, e as empresas de reducida dimensión (< 10.000.000 de facturación) tributaran o 24%, e as de nova creación e cooperativas protexidas ao 12%. Estes tipos reduciranse no 2026 e seguintes anos  ata chegar ao 17% e 20%.
4.-Aumenta o importe a 2.500 euros do segundo pagador para estar obrigado a declarar o IRPF.
5.-Exención  para os perceptores de doazóns privadas os afectados da Dana.
6.-As devolucións da Renda para os Mutualistas que se solicitaron no 2024 quedan suspendidas, e terán que volverse solicitar entre o 2025 e 2028 para cada exercicio entre o 2019 e 2022.
7.-As sociedades que fagan Reservas de capitalización poderán ter máis deducións do imposto o que poderá ser máis beneficioso.
8.-Prorróganse as deducións por investimentos para eficiencia enerxética das vivendas, así como para coches eléctricos e puntos de carga destes.
9.-Redución do 30%  dos ingresos extraordinarios (130% da media dos últimos  3 anos) dos artistas sexan rendementos de traballo ou actividades económicas.
10.-Subida de impostos do tabaco, tamén para cigarillos electrónicos e vaporizadores e medidas contra o fraude dos hidrocarburos, así como imposto complementario mínimo do 15%, así como o novo imposto a banca sobre marxes de interese e comisión e novo RD de imposto enerxético que se terá que convalidar en xaneiro.
11.- Mellora na compatibilidade da pensión de xubilación activa co traballo, xa sexa por conta allea ou propia, a partires do 1 de abril, eliminándose o requisito de ter unha carreira de cotización completa, pero cambiando as porcentaxes da pensión, que irá do 45%, cando a demora sexa 1 ano, ata o 100% da pensión si a demora é de 5 ou mais anos, podendo incrementarse ata o 75% si se ten contratado persoal cunha antiguedade mínima de 18 meses, ou se contrata un novo traballador que non tivese vínculo laboral nos 2 anos anteriores ó inicio da xubilación activa. En todo caso, os que cumpran os requisitos pola actual regulación poderanse seguir acollendo ata o 31 de marzo.
12.- A escala de aforro para cantidades superiores á 300.000 euros pasa do 28% ao 30%.
13.-Aprobanse novas medidas para que a AEAT oferta unha  Solución pública de facturación electrónica, e os empresarios que non utilicen estas estarn obrigados a enviar simultaneamente copia das facturas  a Solución pública nos termos que se recolla regulamentariamente, o que vai supor un retraso a factura electrónica que non será obrigatoria ata o ano 2026.

¡Feliz ano 2025!