1

NOVOS PERMISOS PARA CONCILIAR A VIDA FAMILIAR E PROFESIONAL DOS TRABALLADORES

Con efectos do 30 de xuño entra en vigor a normativa cos novos permisos para a conciliación da vida familiar e profesional dos proxenitores así como dos coidadores entre os que cabe destacar:
1.- Permiso retribuido de 5 días (fronte aos 2 da normativa vixente) por accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que requira descanso domiciliario dos familiares ata o 2ª grado de consanguinidade, incluido o familiar consanguineo da parella de feito, así como calquera outra persoa convivente co traballador.
2.- Permiso retribuido de 4 días para ausentarse do traballo por causa de forza maior cando sexa necesario por causas familiares urxentes e imprevisibles podendo disfrutarse por horas.
3.- Novo permiso parental para coidado de fillo ou menor acollido por tempo superior a un ano, que poderá disfrutarse ata que o menor cumpra 8 anos. Este permiso non da dereito a retribución e terá unha duración máxima de 8 semanas, continuas ou discontinuas, a tempo completo ou en réxime de xornada a tempo parcial, e que o traballador deberá solicitar cunha antelación de dez días.
4.- Ampliación do dereito de reducción de xornada para quenes precisen encargarse do coidado directo dun familiar ata o 2º grao de consanguinidade do cónxuxe ou parella de feito, incluido o familiar consanguineo da parella de feito, así como para o coidado de fillos ou persoas dependentes con discapacidade menor de 26 anos que padezcan cancro ou outra enfermidade grave, cando o grao de discapacidade supere o 65% e esta condición se acredite antes de cumprir os 23 anos.
5.- Recoñecemento do dereito do permiso de 15 días naturais por matrimonio para o rexistro de parellas de feito.