O Goberno aproba novas medidas fiscais e de apoio ao transporte no RD 18/2026

O Real Decreto 18/2026 entrou en vigor onte e incorpora unha serie de medidas extraordinarias relacionadas coa enerxía, os carburantes e o transporte profesional. A continuación, resumimos os aspectos máis relevantes:


1. O IVA dos carburantes volve ao 21 %

Dende hoxe, os carburantes volven tributar ao tipo xeral do 21 % de IVE, deixando de aplicarse as medidas temporais de redución fiscal vixentes ata o momento.


2. Posible redución do IVE da electricidade e do gas

Se o IPC da electricidade ou do gas natural correspondente aos meses de xuño ou xullo de 2026 experimenta un incremento interanual superior ao 15 %, aplicarase de forma temporal un IVE reducido do 10 % durante os meses de agosto e setembro de 2026 aos seguintes subministros:

  • Electricidade
  • Gas natural
  • Pellets
  • Briquetas de biomasa
  • Madeira para leña

3. Rebaixa temporal do Imposto sobre Hidrocarburos

Establécese unha redución temporal deste imposto nos seguintes importes:

  • 15 céntimos por litro durante xullo.
  • 10 céntimos por litro durante agosto.
  • 5 céntimos por litro durante setembro.

Ademais, se o IPC da gasolina ou do gasóleo en xuño ou xullo de 2026 aumenta máis dun 15 % respecto ao mesmo período do ano anterior, a redución fiscal incrementarase ata os 20 céntimos por litro durante agosto e setembro de 2026.


4. Axudas para transportistas beneficiarios do gasóleo profesional

Os profesionais acollidos ao sistema de gasóleo profesional poderán beneficiarse das seguintes axudas por consumo:

  • 0,10 €/litro en xullo.
  • 0,15 €/litro en agosto.
  • 0,20 €/litro en setembro.

5. Axudas directas para transportistas non beneficiarios do gasóleo profesional

Os profesionais que non estean incluídos no sistema de gasóleo profesional poderán solicitar axudas directas entre o 1 de setembro e o 30 de outubro de 2026.

As contías oscilarán entre 150 € e 1.350 €, segundo a actividade e o tipo de vehículo:

  • Taxis
  • Vehículos VTC
  • Camións lixeiros
  • Camións pesados
  • Furgóns de transporte de mercadorías
  • Autobuses

Seguiremos informando

Desde Asesoría Bieito continuaremos analizando o contido do RD 18/2026 e informando puntualmente sobre as medidas e novidades que poidan afectar a empresas, autónomos e particulares.