Prohibición de traballar con calor extremo
Con efectos do 13 de maio de 2023 as actividades ó aire libre quedarán prohibidas cando a Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET) active a alerta laranxa ou roxa, sempre que non poda garantirse de outro modo a debida protección das persoas traballadoras. En concreto, prohíbese o desarrollo de certas tarefas durante a época de maiores temperaturas, resultando obrigatoria a adaptación das condicións de traballo, incluida a reducción ou modificación das horas de xornada así como o cambio de turnos.
Estas previsións afectarán a tódolos traballos en exteriores (medios de transporte utilizados fora da empresa, obras de construcción temporales ou móviles, traballos agrícolas ou forestais…) e deberán implementarse na evaluación de riscos que tomará en consideración, ademáis dos fenómenos mencionados adversos, as características da tarefa que se desempeñe así como as características persoais ou o estado biolóxico da persoa traballadora.