1

QUEIXA FORMAL ANTE SEGURIDAD SOCIAL. LIQUIDACIÓNS COMPLEMENTARIAS XANEIRO 2023

Recibiuse a través de Siltra a comunicación da rectificación de liquidacións por unha actualización masiva de todas as liquidacións presentadas no mes de febreiro (periodo de liquidación xaneiro 2023) na data do 2 outubro.

Tal como establece a Disposición Transitoria Única da Orde PCM/313/2023, nos termos previstos na Orde PCM/74/2023, de 30 de xaneiro, as diferenzas de cotización que producirán por a aplicación do disposto nesta orde respecto das cotización practicadas a través do sistema de liquidación directo que a partir do 1 de febreiro de 2023, poderán ser ingresadas sen recargo ata o último día do mes seguinte ao que a Tesorería General da Seguridad Social comunique a actualización das liquidacións de cuotas afectadas. Por tanto, se a comunicación recibida durante el mes outubro, o prazo para realizar o ingreso sin recargo finalizara o 30 de novembro e se a comunicación se recibiu durante o mes de novembro dispoñerase de prazo ata o 31 de decembro.

Compróbase que NON se está respetando dito prazo de ingreso posto que se procedeu a obter o documento de pago TC/31 a través do servizo de «consulta y obtención de recibos fuera de plazo» existente na oficina virtual do sistema RED das liquidacións do mes de xaneiro (recibidas en outubro), e moitas delas encontranse co 10% de recargo levantando a conseguinte débeda á empresa cando ainda se encontran en prazo para o seu ingreso xa que a comunicación foi recibida no mes de outubro.

Por todo isto, INTERPON queixa formal sobre o procedemento que se está facendo ao respecto, posto que se está vulnerando o dereito da empresa ao abono en prazo reglamentario dado pola administración ao efecto, xerando con elo un grave perxuicio e indefensión ás empresas afectadas por esta desmedida posto que repercute en calquera axuda, bonificación ou subvención que se encontren disfrutando ou solicitando a data actual, así como tendo que asumir
o recargo establecido no artigo 10 do Reglamento General de Recaudación e que non procede.