28-03-2022 REFORMA LABORAL 2022
O vindeiro 30 de marzo entra en vigor as novas normas de contratación que quedan reflictidas na reforma laboral publicada o 30 de decembro do 2021, e despois de esgotar o período transitorio que contemplaba para ir adaptando os contratos temporais, recordámoslle que a partires desa data tódalas contratacións se presumirán concertadas por tempo indefinido para garantir a estabilidade no emprego e reducir deste xeito a temporalidade no mercado laboral, polo que desaparace o contrato de obra ou servizo determinado, redifínese o contrato de duración determinada de maneira que soamente poderá empregarse para resolver necesidades laborais específicas e limitadas no tempo (como pode ser a de cubrir as vacacións anuais dos empregados), pontenciase o contrato fixo discontinuo e acurtánse os prazos dos contratos formativos.
Polo tanto, o modelo estándar de contratación será o contrato indefinido e a Inspección de Traballo vixiará que as empresa cumpran con esta premisa, pois aquelas que realicen contratos temporais sin causa xustificada que así o esixa poderán enfrentarse a fortes sancións.