REGULARIZACION ANUAL BASES DE COTIZACION E CUOTAS AUTONOMOS 2023
A Seguridade Social está procedendo a efectuar a regularización anual correspondente ó exercicio 2023 das bases de cotización e cuotas ingresadas polos autónomos segundo o novo sistema de cotización, polo que está a enviar comunicacións a aqueles autónomos que cotizaron por unha base superior a que lle correspondería polos seus rendementos facilitados pola Axencia Tributaria, dandolle a posibilidade de manter dita base sempre ata o límite que tiveran en decembro de 2022, polo que, entendemos que vostedes queren manteñer ditas bases a efectos de melloras de futuras prestacións. Nese caso procederemos antes do 31 de xaneiro a facer a solicitude no seu nome para manter a sua base de cotización actual.
Pola contra, si o seu desexo é baixar a base segundo os cálculos que fai a Administración, nese caso deben poñerse en contacto con nós para que non fagamos ningún tramite ó respecto, e será a administración a que de oficio procederá as devolución das cantidades que poidan corresponder quedando estas bases como definitivas.
Irémolos informando sobre aquelas novas que se vaian producindo.