Asesoría Bieito nace en 1989 como resposta a unha necesidade de asesoramento ás empresas e a externalización das súas xestións administrativas. A nosa experiencia e profesionalidade fixo que numerosas empresas e particulares depositaran a súa confianza para realizar os seus trámites administrativos con total garantía. Grazas a esta dilatada experiencia temos unha visión global das necesidades empresariais que fai que saibamos a situación e posición das empresas neste país.
O noso deber como asesoría é conseguir que os nosos clientes poidan dedicarse en exclusiva á súa actividade empresarial e profesional. Confiando en nós os servizos e funcións que unha empresa necesita contratar para desempeñar con efiicacia a súa actividade.. Estamos a falar da xestión contable-fiscal, os recursos humanos, as xestións ante as distintas administracións, as proteccións correspondentes e as lineas de axuda, financiación e promoción a actividade empresarial ou profesional que realizan.
Contamos cun equipo de mais de dez profesionais con ampla experiencia nas áreas de actuación que abarcan a xestión empresarial, con actuación en toda a provincia de Ourense e no resto de Galica, contando con oficinas en Ourense.
En Asesoría Bieito confían mais de duascntas empresas. O noso equipo consta de profesionais cualificados, con formación en Recursos Humanos.
Axudamos ao seu negocio, dándolle solucións á externalización da administración e xestión de persoal, realizando un seguimento completo desta. Elaboramos os contratos de traballo, as incidencias de altas,baixas e variación de datos, confeccionamos nóminas, finiquitos e boletíns de cotizaciión social que enviammos polo sistema REDE.
Realizamos contabilidades segundo o Plan Xeral de Contabilidade, así como rexistros fiscais obrigatorios de IVA e de IRPF, o mesmo tempo que asesoramos sobre estas contas e liquidamos os impostos correspondentes aos que esté obrigada a empresa ou profesional.
As empresas que realizan a contbilidade nas súas oficinas co seu persoal, apoiamolos na operativa diaria , facendolle mais fácil a presentación de impostos, o dia a dia das súas contabilidades e das súas obrigas administrativas.
Solucións de consultoría empresarial en xestión, organización e mellora de empresas .
Asesoría Bieito proporciona unha visión obxectiva e profesional das diversas situacións complexas polas que pasa unha empresa. O noso coñecemento profundo tanto da realidade empresarial como da realidade social fainos idóneos para formar unha visión global e profundo da situación da corporación e o lugar que ocupa no mercado. Estes datos son vitais para efectuar unha mellora no rendemento como a propia definición de viabilidade da empresa.
Informamos e solicitamos as subvencións para as actividades e proxectos das empresas e profesionais.
Estudamos, asesoramos e tramitamos a creación de empresas e profesionais nos réximes máis acaídos para os seus emprendedores ou promotores tanto na AEAT como nos demais organismos das distintas administracións.