1

Subvención do Concello de Ourense | 2.000€

O BOP acaba de publicar a liña de axudas para persoas autónomas para paliar os efectos da COVID-19 por importe de 2.000 euros.

Requisitos a cumprir:
1.- Ser traballador/a autónomo/a.
2.- Estar de alta na matrícula do Imposto de Actividades Económicas figurando o domicilio da actividade económica no municipio de Ourense.
3.- Haberse visto obrigado/a ó cese da actividade, ou alternativamente, haber experimentado no mes de abril do 2020 unha redución da súa facturación igual ou superior ao 50% en abril do 2020 con respecto ó promedio mensual de facturación do período de outubro 2019 a marzo 2020.
4.- Estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, non ter débeda pendente de pago coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e co Concello de Ourense.
5.- Non poderán ser persoas beneficiarias o persoal autónomo colaborador.

Se non nos dan orde do contrario, tramitaremos dita axuda. (O custe de tramitación será para persoas físicas de 50 € e para autónomos societarios será de 60 euros).