1

SUBVENCIONS A CONTRATACION INDEFINIDA DE TRABALLADORES 2024

Publicaronse no DOG as subvencións do ano 2024 pola contratación indefinidia inicial ou polos incrementos de xornada de contratacións indefinidas iniciais, que se realicen dende o 01 de outubro de 2023 ata o 29 de setembro de 2024. Os colectivos incentivados son persoas desempregadas que sexan mozos menores de 30 anos, parados de longa duración, mulleres, persoas de 52 anos ou mais, emigrantes retornados ou persoas extranxeiras e discapacitados ou en risco de exclusión social. As contratacións deberán ser a xornada completa podendo ser a xornada parcial no caso de discapacitados ou en risco de exclusión social. Os requisitos a cumprir son manter a persoa contratada durante 36 meses, podendo ser sustituidos no caso de ser baixa por outros das mesmas características. A responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle si algún traballador contratado actualmente cumpre os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a traballadores destes colectivos, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. As subvencións poden ir dende 2.000 euros a 14.000 euros segundo as características e circunstancias, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.
Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación, non podendo garantir si vai chegar o orzamento.