SUBVENCIONS A CONTRATACION INDEFINIDA DE TRABALLADORES 2025

Publicaronse no DOGA as subvencións do ano 2025 pola contratación indefinidia inicial ou polos incrementos de xornada de contratacións indefinidas iniciais a temppo completo, que se realicen dende o 01 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025. Os colectivos incentivados son persoas desempregadas que sexan , mulleres, mozos menores de 30 anos, parados de longa duración, persoas de 52 anos ou mais, emigrantes retornados ou persoas extranxeiras, mulleres en ocupación masculinizadas e discapacitados ou en risco de exclusión social. As contratacións deberán ser a xornada completa podendo ser a xornada parcial no caso de discapacitados ou en risco de exclusión social. Os requisitos a cumprir son manteñer a persoa contratada durante 36 meses, podendo ser sustituidos no caso de ser baixa por outros das mesmas características. A responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle si algún traballador contratado actualmente cumpre os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a traballadores destes colectivos, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. As subvencións poden ir dende 6.000 euros a 10.000 euros segundo as características e circunstancias, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.
Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación, non podendo garantir si vai chegar o orzamento.