SUBVENCIONS A PRIMEIRA, SEGUNDA E TERCEIRA CONTRATACION DE TRABALLADORES EN INDEFINIDO PARA AUTONOMOS 2023
Publicaronse no DOGA as subvencións do ano 2023 pola 1ª, 2ª e 3ª contratación indefinida inicial de traballadores exclusivamente para autónomos, que se realicen dende o 01 de outubro de 2022 ata o 29 de setembro de 2023. As contratacións poderán ser a xornada completa ou parcial. Os requisitos a cumprir son manteñer a persoa contratada durante 24 meses, podendo ser sustituida no caso de ser baixa por outra das mesmas características. A responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle si algún traballador contratado actualmente cumpre os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a novos traballadores, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. As subvencións poden ir dende 8.000 a 22.500 euros para primeira contratación ou 10.000 a 27.000 euros para a segunda ou terceira segundo as características e circunstancias, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.
Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación, non podendo garantir si vai chegar o orzamento.