SUBVENCIONS E AXUDAS PARA AUTÓNOMOS E EMPRESAS A TRAMITAR POLA ASESORIA
Procedemento a seguir para informar e tramitar subvencións e axudas de todas as Administracións Públicas:
1.-Asesoria Bieito informará e tramitará as subvencións xerais sobre altas de autónomos e empresas, así como da contratación de traballadores. Tramitaranse pola Asesoría no seu prazo en base a información e documentación aportada garantizando os requisitos pero non a existencia de fondos.
2.-Tamén se poderá enviar información de Axudas e Subvencións específicas para a sua actividade de xeito moi xenérico e telegráfico nas que poida estar interesados, pero terán que ser vostedes os que se poñan en contacto con Nós para informalos e polos en contactos con empresas colaboradoras para que lle informen máis polo miúdo e que poidan tramitarllas.
3.-Recomendamos que si vostedes están interesados en crear novos negocios, ampliar actividades, facer investimentos e contratar persoal póñanse en contacto ca súa Responsable Fiscal e laboral da Asesoría para que lle poida informar das axudas que existan e das que poidan saír.