Todas as publicacións en Etiqueta

ames

Información COVID-19 08/01/2021

A Xunta acaba de anunciar as NOVAS MEDIDAS a aplicar sen determinar se van entrar en vigor mañá sábado 9 ou pasado domingo 10. Dada a importancia preferimos adiantalas:

Na provincia de Ourense pasan ao nível medio-alto os concellos de Ourense e Barbadás con peche perimetral e retricción da mobilidade. Mantéñense neste nivel os concellos de A Rúa, Sarreaus e Xinzo de Limia.

Recordamos que neste nivel a hostelería ten aforos no interior do 30% e no exterior do 50%, a hora de peche as 18:00 e cun límite de reunións de catro persoas non convivintes.

Tamén se manteñen as restriccións máximas perimetrais entre os concellos de Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro. Neste caso, os aforos de hostelería son máis limitados : 0% interior, 50% exterior.

Peche perimetral de Galicia todo o mes de xaneiro. Blindaxe das residencias, prohibindo sair a usuarios e limitando visitas a unha única persoa por semán cada residente. Mantense o toque de queda.

Tamén pasan a nivel alto: Santiago, Ames e Teo, e a medio-alto a almendra de A Coruña.

Esten atentos a entrada en vigor.

ASESORIA BIEITO

Lea máis