Todas as publicacións en Etiqueta

pereiro

Información COVID-19 02/12/2020

Hoxe anunciouse dende a Xunta que dende o venres 4 (incluido), quedan sen restricións de mobilidade os concellos da provincia de Ourense: Ourense, Barbadás e O Pereiro. Nestes Concellos as restricións na hostelería pasan a ser do 50% en interiores e do 75% en exteriores, cun máximo de 6 persoas por mesa e de reunións, convivintes ou non (nivel 4).
Nos concellos de Ribadavia e Xinzo de Limia os aforos de hostelería serían do 30% nos interiores e do 50% nos exteriores cun máximo de 4 persoas por mesa, convivintes ou non. Non se permite a mobilidade con estes concellos (nivel2).
Os demáis concellos irán encadrados en 4 niveis. O toque de queda sigue as 23:00 horas. Restrínxese a mobilidade con Portugal ata o mércores día 9 de decembro. E quedan pendentes as medidas para o Nadal.


ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID-19 05/11/2020

Publicadas as Normas do 4 de novembro, aclaramos as restricións:


1)Limitacións de entrada e saida nos seguintes Concellos da provincia:Ourense, Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro, San Cibrao e Toén entran en vigor as 00:00 horas do 7 de novembro, podendo moverse dentro destes Concellos.

2) Limitacións de entrada e saida nos seguintes Concellos da provincia: Carballiño e Verin que xa entrou en vigor hoxe 5 as 00:00 horas, e polo tanto quedan sin efecto as dos Concellos Irixo, Boborás, Verin,Oímbra e Vilardevós.

3)Nos Concellos da provincia: Ourense, Barbadás, Carballiño e Verin dende o sábado 7 as 00:00 horas só é posible a permanecia de persoas e espazos públicos e privados entre conviventes, e no resto dos Concellos o máximo son 6 persoas non conviventes e entrou en vigor hoxe xoves 5 as 00:00 horas.

4)Peche temporal das Actividades non esenciais dende 7 de novembro as 00:00 horas ata 4 de decembro as 15:00horas, as actividades poden consultarse no pdf que xuntamos. Así como das que poden continuar abertas. Nos establecementos de Restauración poden facerse servizos de recollida no local e entrega a domicilio.

5) Mantense Estado de alarma entre as 23:00 e 6:00 horas, non podendo sair a espazos públicos sin causa. No resto dos Concellos manteñense as medidas anteriormente aprobadas, para actividades específicas deberá consultarse a orden que enviamos, ainda que resulta un tanto complicado a sua lectura, polo que pode que haxa que facer novas interpretacións

Aquí pode consultar as actividades pechadas e abertas: Download

Aquí pode descargar o DOG do 4 de novembro: Download

Lea máis