Todas as publicacións en Etiqueta

xinzo

Información COVID-19 08/01/2021

A Xunta acaba de anunciar as NOVAS MEDIDAS a aplicar sen determinar se van entrar en vigor mañá sábado 9 ou pasado domingo 10. Dada a importancia preferimos adiantalas:

Na provincia de Ourense pasan ao nível medio-alto os concellos de Ourense e Barbadás con peche perimetral e retricción da mobilidade. Mantéñense neste nivel os concellos de A Rúa, Sarreaus e Xinzo de Limia.

Recordamos que neste nivel a hostelería ten aforos no interior do 30% e no exterior do 50%, a hora de peche as 18:00 e cun límite de reunións de catro persoas non convivintes.

Tamén se manteñen as restriccións máximas perimetrais entre os concellos de Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro. Neste caso, os aforos de hostelería son máis limitados : 0% interior, 50% exterior.

Peche perimetral de Galicia todo o mes de xaneiro. Blindaxe das residencias, prohibindo sair a usuarios e limitando visitas a unha única persoa por semán cada residente. Mantense o toque de queda.

Tamén pasan a nivel alto: Santiago, Ames e Teo, e a medio-alto a almendra de A Coruña.

Esten atentos a entrada en vigor.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID-19 02/12/2020

Hoxe anunciouse dende a Xunta que dende o venres 4 (incluido), quedan sen restricións de mobilidade os concellos da provincia de Ourense: Ourense, Barbadás e O Pereiro. Nestes Concellos as restricións na hostelería pasan a ser do 50% en interiores e do 75% en exteriores, cun máximo de 6 persoas por mesa e de reunións, convivintes ou non (nivel 4).
Nos concellos de Ribadavia e Xinzo de Limia os aforos de hostelería serían do 30% nos interiores e do 50% nos exteriores cun máximo de 4 persoas por mesa, convivintes ou non. Non se permite a mobilidade con estes concellos (nivel2).
Os demáis concellos irán encadrados en 4 niveis. O toque de queda sigue as 23:00 horas. Restrínxese a mobilidade con Portugal ata o mércores día 9 de decembro. E quedan pendentes as medidas para o Nadal.


ASESORIA BIEITO

Lea máis