Todas as accións administrativas necesarias para a inscrición e/ou apresentación de escrituras e documentos
Nesta área, Asesoría Bieito realiza todas as accións necesarias para a inscrición e/ou a presentación de escrituras e documentos nos organismos e rexistros que sexan necesarios.
Os nosos servizos abranguen todos os trámites de asesoría mercantil e hipotecaria que unha sociedade poida necesitar, fundamentalmente os que teñen que ver ca empresa sociedades co Rexistro mercantil, e tamén cas xestións que afectan a propiedade.
Para levar acabo estas xestións require estudos, plantexamento e elaboración de escrituras ante Notario, traballos que tamén se xestionan dende a Asesoria e se asumen dun xeito global e completo para facilitar o traballo ao cliente.
Asesoramento sobre transmisións e adquisición de negocios e empresas
Asesoramos sobre as posibilidades de compra e venda de negocios e os seus detalles : prezo, requisitos, obrigacións, etc. Tamén informamos de ofertas e demandas de empresas e negocios con intención de venta, transmisión, cesión ou traspaso. Todo o anterior cuberto pola nosa experiencia en xestións de contrato e o resto de requisitos necesarios para a legalización destes actos.