Arquivos

Febreiro 2020

Información sobre o bono para autónomos de 2020

Acaban de saír as subvencións do bono autónomo deste ano 2020.

Para obter os 3.000€ de máximo ao que se opta hai que facer unha inversión de 4.000€ aparte doutros requisitos como é costume. O prazo remata o día 3 de marzo deste ano.

Ademáis deste, hai outros bonos autónomos:
-o bono renova negocio
-o bono á nova oportunidade.
O plazo para solicitalos é ata o 30 de setembro de 2020.

Aparte disto, tamén hai subvencións á constitución de autónomos e á contratacións de traballadores para as que o prazo remata o 30 de setembro.

Asesoría Bieito.

image_pdfimage_print

Lea máis

CIRCULAR FEBREIRO 2020

DECLARACIÓN DE OPERACIÓNS DE MÁIS DE 3.000 €  EXERCICIO 2.020:

 

Durante o mes de febreiro hai que facer a declaración de operacións que superaron os 3.000 euros durante o 2.020. É conveniente que esta declaración sexa coincidente entre os proveedores e clientes, e, polo tanto si queren contrastar algunha operación ou si reciben cartas informativas sobre estas operacións de clientes ou proveedores acheguennolas para telas en conta.

CONSECUENCIAS DO BREXIT A PARTIR DO 01-02-2020 NO IVA

As empresas que operen con Gran Bretaña, a partir do 01-02-2020 as operacións que realicen pasaran de ser operacións intracomunitarias a operacións de comercio exterior: exportacións e importacións. Prácticamente non ten grandes cambios xa que as Ventas siguen estando exentas por exportacións, e as compras seran importacións que deberán pagar o IVA nas aduanas ou mediante o réximen diferido.

Deberase estudar as implicacións no demáis impostos e das outras normativas de ámbito non fiscal.

CUOTA DE AUTÓNOMOS PARA 2020

O tipo aplicable para o 2020 dos traballadores que estén no Réximen de Autónomos para o 2020 pasa do 30,00% ao 30,30%,  xunto coa suba da Base de cotización ainda por determinar. Para as bases mínimas  do 2019  a cuota resultante seria de 286,15 e para a base mínima societaria seria de 367,87 euros.

SUBIDA DO SALARIO MINIMO A 950 EUROS DENDE XANEIRO DO ANO 2.020

Como xa saberán con efectos do 01-01-2020 aprobouse o Salario Mínimo dos Traballadores á 950 euros/mes de 14 pagas. Polo tanto as nóminas que estén por debaixo desa cantidade vanse incrementar no mes de xaneiro do 2020.

 

REALIZACIÓN DE INVENTARIO POR PARTE DAS EMPRESAS

Recordamos o dito na circular de xaneiro de que as empresas deben de facer o INVENTARIO do ano pasado a 31-12-2019.

 

OBRIGAS DE FACTURACION E GARDA DE DOCUMENTACION

Enviamos Folla informativa sobre Facturación e garda de Documentación e Ficheiros, que deben de leer con atención e si non entende algunha cuestión póñanse en contacto con nós.

 

ENVIO DE FOLLA INFORMATIVA DAS PERSOAS  RESPONSABLES DA ASESORIA  DA SUA EMPRESA

Enviamos unha folla informativa indicando teléfono e correo da persoa responsable da contabilidade-fiscalidade para o ano 2020,  e no caso de que teñan traballadores asalariados da persoa responsable laboral. Nalgunhos casos pode ser que se cambien por razóns de cambio de réximen e de reparto de traballo.

 

Para maior información contactar con nós.

image_pdfimage_print

Lea máis