Todas as publicacións en Categoría

Novas

Información COVID-19 13/01/2021

A Xunta acaba de anunciar as novas medidas a aplicar a partir do 15 de xaneiro:

Toque de queda as 22:00 horas.
-Toda a hostelería ten que pechar as 18:00 horas. Pódense facer entregas a domicilio de 18:00 a 22:00.
-O comercio ten que pechar as 21:30 horas.
Reunións públicas e privadas limitadas a un máximo de 4 persoas non conviventes.

Recomendación de moverse soamente polo esencial.

Todos os concellos estarán nun dos dous níveis: Alto e Medio-alto.

Na provincia de Ourense:

-Os concellos do nivel Alto: Ourense, Barbadás, Carballiño, Allariz, Verín, Monterrei e Xinzo de Limia. Peche perímetral individual para cada un destes concellos (elimínase o conxunto de Ourense-Barbadás). Aforo hostelería: interior pechado e nas terrazas o 50%. Aforo máximo no comercio o 30%.

-Os concellos do nivel Medio-alto: o resto. Aforo hostelería: interior 30% e terrazas ó 50%. Aforo máximo no comercio o 50%.

Mantense peche perimetral de Galicia todo o mes de xaneiro.

Anunciouse a prórroga dos ERTEs ata maio e pendentes do que se vai facer coas prestacións.

Un saúdo,
ASESORÍA BIEITO

Lea máis

Información COVID-19 08/01/2021

A Xunta acaba de anunciar as NOVAS MEDIDAS a aplicar sen determinar se van entrar en vigor mañá sábado 9 ou pasado domingo 10. Dada a importancia preferimos adiantalas:

Na provincia de Ourense pasan ao nível medio-alto os concellos de Ourense e Barbadás con peche perimetral e retricción da mobilidade. Mantéñense neste nivel os concellos de A Rúa, Sarreaus e Xinzo de Limia.

Recordamos que neste nivel a hostelería ten aforos no interior do 30% e no exterior do 50%, a hora de peche as 18:00 e cun límite de reunións de catro persoas non convivintes.

Tamén se manteñen as restriccións máximas perimetrais entre os concellos de Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro. Neste caso, os aforos de hostelería son máis limitados : 0% interior, 50% exterior.

Peche perimetral de Galicia todo o mes de xaneiro. Blindaxe das residencias, prohibindo sair a usuarios e limitando visitas a unha única persoa por semán cada residente. Mantense o toque de queda.

Tamén pasan a nivel alto: Santiago, Ames e Teo, e a medio-alto a almendra de A Coruña.

Esten atentos a entrada en vigor.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID-19 05/01/2021

Medidas para o 6 de xaneiro:

Permítese a mobilidade entre Concellos que estén pechados perimetralmente dende as 06:00 as 23:00 horas do día 6 de xaneiro para visitar familiares, non achegados nen amigos (deberá acreditarse dalgún xeito).

En canto as restriccións que entran hoxe en vigor na provincia son as seguintes:

Mantense nas restriccións máximas con restriccións perimetrais entre os concellos de Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro. E, restrincións de Medio-Alta, os concellos de Sarreaus, A Rúa e Xinzo de Limia.

Prorrógase o manteñemento do peche de Galicia do día 6 ó 11 ás 00:00 horas, podendo entrar a visitar familiares ata o dia 6 de xaneiro.

O venres 8 revisaranse estas medidas e tomaranse novas.

Feliz festividade dos Reis Magos!

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID-19 29/12/2020

Restriccións de mobilidade
As restrincións que entran en vigor mañá na provincia de Ourense son as seguintes:

Mantéñense as restrincións máximas na Rúa e Sarreaus e incorpóranse os concellos de Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro (formando estes catro un perímetro conxunto). Pasa a restrincións de tipo Medio-Alta o Concello de Xinzo de Limia.

Medidas para o Fin de Ano (30 decembro – 1 xaneiro)
Dende mañá (día 30) ata o día 1 ás 23:00 horas poderase entrar e sair en todos os concellos, xustificando o desprazamento a lugares de residencia habitual de familiares (non se dice nada de xustificar documentalmente).
O horario do toque de queda segue ata as 23:00 horas, salvo o día 31 que se amplía ata a 01:30 (da madrugada do día 1) só para regresar ao domicilio.
O día 1 os locais de hosteleria retrasarán a apertura as 11 da mañá.
Retrasarase o peche dos locais dos concellos con máis restriccións e de Medio-Alta (Rúa, Sarreaus, Verín, Monterrei, Castrelo, Cualedro e Xinzo de Limia) das 17:00 ás 18:00 horas para sempre.
Os encontros familiares recomendan que se limiten á unidade de convivencia. No caso de que sexan de dúas unidades de convivencia, limítase o número de persoas a 10.
No caso de que o encontro sexa de máis de dúas unidades, non poderán superar as 6 persoas maiores de 10 anos e 4 menores de 10 anos.

Feliz ano e un saúdo!
Asesoría Bieito

Lea máis

MEDIDAS PARA NADAL(23 ATA 29 DE DECEMBRO)

En canto as restrincións que entran en vigor hoxe, na provincia non hai cambio nengún.
En canto as Medidas especiais para o Nadal son as seguintes:
Dende hoxe ata o día 25 as 23 horas poderase entrar e sair en todos os Concellos, xustificando que se despraza a lugares de residencia habitual de familiares.(non se dice nada de xustificar documentalmente)
O horario do toque de queda sigue ata as 23 horas,salvo o día 24 que se amplia ata 1,30 só para regresar ao domicilio.
Os Encontros familiares RECOMENDASE que se límiten a unidade de convivencia.
No caso de que sexan de dúas unidades de convivencia, limitase o número de persoas a 10.
No caso de que o encontró sexan de máis de dúas unidades, non poderan superar o número de 6 persoas, e 4 menores de 10 ano.
Para fin de ano se establecerán novas medidas segundo evolución da pandemia.
ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID-19 16/12/2020

Nas medidas que entran en vigor mañá xoves 17, non hai nengún cambio na provincia de Ourense, seguindo no nivel de Restrincións altas o Concello de Sarreaus e A Rúa e os demáis Concellos no nivel Baixo.
En canto as medidas para o Nadal son as seguintes:
1.-Recoméndase celebracións nunha única unidade familiar(convivintes)
2.-En todo caso, nunca superar dúas unidades, nen 6 persoas sin contar os menores de 10 anos.
3.-O Toque de queda mantense pero o 24 e 31 pasa á 1,30 da mañá.
4.-Peche de Galiza entre o dia 23 de decembro e 6 de xaneiro, permitindo o agrupamento familiar.
5.-Manter mascarilla e distancia de 1,5 m durante a xuntaza o máximo posible, e que sexan as mesmas persoas que se xuntan nestes dias, evitando rotacións.
6.-Utilizar o Rexistro de viaxeiros para os que veñan doutros territorios, incluso doutras comunidades con incidencia da pandemia.
7.-Ainda se poden endurecer as medidas. O lúns 21 novos acordos.
IMPORTANTE: mañá enviamos circular de interés de medidas económicas por correo electrónicos. CONSULTEAS!!!
ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID-19 11/12/2020

Hoxe Anunciouse dende A Xunta que dende as 24 horas se modifican as restrincións de catro concellos da provincia .
Os Concellos de Ribadavia e Xinzo de Limia pasan do Nivel Medio-Alto ó Básico que supón a eliminación dos peches perimetrais de cada Concello e apertura da hosteleria ata as 23:00 horas cun aforo do 50% en interiores e 75% en exteriores, proibida a atención en barra e no resto das actividades xeralizase o aforo do 50%.
Os Concellos de Sarreaus e a Rúa pasan do nivel Básico ó nivel Medio- Alto que supón que se aplica peches perimetrais: non podendo entrar nen sair sin cauxa xutificada, reunións públicas e privadas máximo 4 persoas e en hosteleria aforos no interior ó 30% e no exterior ó 50%, e apertura ata as 17:00 horas. Resto de actividades aforos de 50%.
O martes 15 de decembro revisaranse de novo as restrincións e anunciaran as medidas que se van aplicar para o Nadal.
ASESORIA BIEITO

Lea máis