Queremos informarvos que a partir do día 2 de xaneiro os clientes da zona de Maceda podedes utilizar a Librería Alicia de Maceda, sitia na praza de Alcatruz, nº 6 para enviarnos documentos e facturas para oficina e recoller os que vos enviemos a vos no horario de 9:30 á 13:30 todos os días da semana e de 17:00 á 20:00 de lúns a venres.
Tamén se poderán escanar documentos para enviar e recibir ficheiros para imprimilos.
Esperamos que este servizo de valixa faciliten os envíos cas nosas oficinas!
Read more
As normas aprobadas nestes días de decembro e as modificación nos prazos previstos das xa existentes son esquemáticamente as seguintes:
1.-Baixada do 10% ao 4% da leite fermentada e iogures (algúns supermercados xa o adiantaron dende o 24 de decembro)
2.-Desaparecen as reducións de IVA os alimentos básicos , o que estaba o 2% pasa o 4%, e o que estaba o 7,5% pasa ao 10%, salvo o aceite de oliva que se fixa de xeito permanente ao 4%. O IVA da electricidade que estaba ao 10% pasa ao 21%.
3.-Imposto de Sociedades: as micro empresas (<1.000.000 de facturación) tributaran o 21% ata 50.000 de Resultados , e o 22% polo resto, e as empresas de reducida dimensión (< 10.000.000 de facturación) tributaran o 24%, e as de nova creación e cooperativas protexidas ao 12%. Estes tipos reduciranse no 2026 e seguintes anos ata chegar ao 17% e 20%.
4.-Aumenta o importe a 2.500 euros do segundo pagador para estar obrigado a declarar o IRPF.
5.-Exención para os perceptores de doazóns privadas os afectados da Dana.
6.-As devolucións da Renda para os Mutualistas que se solicitaron no 2024 quedan suspendidas, e terán que volverse solicitar entre o 2025 e 2028 para cada exercicio entre o 2019 e 2022.
7.-As sociedades que fagan Reservas de capitalización poderán ter máis deducións do imposto o que poderá ser máis beneficioso.
8.-Prorróganse as deducións por investimentos para eficiencia enerxética das vivendas, así como para coches eléctricos e puntos de carga destes.
9.-Redución do 30% dos ingresos extraordinarios (130% da media dos últimos 3 anos) dos artistas sexan rendementos de traballo ou actividades económicas.
10.-Subida de impostos do tabaco, tamén para cigarillos electrónicos e vaporizadores e medidas contra o fraude dos hidrocarburos, así como imposto complementario mínimo do 15%, así como o novo imposto a banca sobre marxes de interese e comisión e novo RD de imposto enerxético que se terá que convalidar en xaneiro.
11.- Mellora na compatibilidade da pensión de xubilación activa co traballo, xa sexa por conta allea ou propia, a partires do 1 de abril, eliminándose o requisito de ter unha carreira de cotización completa, pero cambiando as porcentaxes da pensión, que irá do 45%, cando a demora sexa 1 ano, ata o 100% da pensión si a demora é de 5 ou mais anos, podendo incrementarse ata o 75% si se ten contratado persoal cunha antiguedade mínima de 18 meses, ou se contrata un novo traballador que non tivese vínculo laboral nos 2 anos anteriores ó inicio da xubilación activa. En todo caso, os que cumpran os requisitos pola actual regulación poderanse seguir acollendo ata o 31 de marzo.
12.- A escala de aforro para cantidades superiores á 300.000 euros pasa do 28% ao 30%.
13.-Aprobanse novas medidas para que a AEAT oferta unha Solución pública de facturación electrónica, e os empresarios que non utilicen estas estarn obrigados a enviar simultaneamente copia das facturas a Solución pública nos termos que se recolla regulamentariamente, o que vai supor un retraso a factura electrónica que non será obrigatoria ata o ano 2026.
¡Feliz ano 2025!
Read more
A Seguridade Social está procedendo a efectuar a regularización anual correspondente ó exercicio 2023 das bases de cotización e cuotas ingresadas polos autónomos segundo o novo sistema de cotización, polo que está a enviar comunicacións a aqueles autónomos que cotizaron por unha base superior a que lle correspondería polos seus rendementos facilitados pola Axencia Tributaria, dandolle a posibilidade de manter dita base sempre ata o límite que tiveran en decembro de 2022, polo que, entendemos que vostedes queren manteñer ditas bases a efectos de melloras de futuras prestacións. Nese caso procederemos antes do 31 de xaneiro a facer a solicitude no seu nome para manter a sua base de cotización actual.
Pola contra, si o seu desexo é baixar a base segundo os cálculos que fai a Administración, nese caso deben poñerse en contacto con nós para que non fagamos ningún tramite ó respecto, e será a administración a que de oficio procederá as devolución das cantidades que poidan corresponder quedando estas bases como definitivas.
Irémolos informando sobre aquelas novas que se vaian producindo.
Read more
Con data de hoxe, entra en vigor a nova modificación do dereito de indemnidad que recolle a disposición adicional 3ª da Ley do Dereito á Defensa (LO 5/2024, 11 nov), que prohíbe calquer tipo de represalia por parte da empresa contra o traballador/a que houbera exercido ou disfrutado dos seus dereitos laboarais, ou que presentara unha reclamación xudicial ou administrativa contra a empresa, declarando expresamente nulas as decisions do empresario si se comproba que se violou esa garantía, coa conseguinte readmisión do traballador ó seu posto de traballo, así como unha indemnización por danos e perxuizos.
Read more
1.- Amortización anticipada de préstamos hipotecarios para vivendas habituais polas que estean deducindo e non chegan a 9.040 euros.
2.- Aportación a plans de pensións existentes ou novos dentro dos límites e requisitos para que o contribuínte aproveite maior deducibilidade. Así como aportacións a plans de pensións do cónxuxe si cumpre os requisitos.
3.- Facer donativos a entidades con recoñecemento de interese Social.
4.-Deducións do 20%, 40% ou 60% en inversións nas vivendas por eficiencia enerxética e do 15% en vehículos eléctricos e enchufables e en puntos de carga para estes.
5.- Manter o contrato de arrendamentos de vivenda daqueles realizados con anterioridade ó 26/05/2023, para que se poida manter redución dos rendementos do 60%.
6.- Transmisións de vivenda habitual ou outras para contribuíntes maiores de 65 anos xa que poden quedar excluídas de tributación.
Son estas as máis significativas, pero en todo caso póñase en contacto con Nós por medio da súa Responsable para maior información.
Read more
A Seguridade Social vai a proceder a iniciar a campaña de regularización anual do exercicio 2023 do novo sistema de cotización dos autónomos que estiveron en alta nalgún momento do ano, coa finalidade de que as bases de cotización e as cuotas ingresadas nese período estén basadas nos rendementos anuais obtidos no exercicio de tódalas súas actividades. Para elo, nos vindeiros días vai a dar comenzo a comunicación masiva por parte da Administración a tódolos autónomos, ben sexa a través do seu autorizado red, que no seu caso seremos nós sempre e cando nos teñan como autorizados, ou a través do seu correo electrónico sempre que conste na base de datos da Seguridade social, polo que insistimos que deben estar atentos a calquera canle de notificación que reciban a cal nos deben faguer chegar para darlle o trámite que corresponda.
Read more
NOTIFICACIÓNS: Están chegando por correo electrónico notificacións fraudulentas nas que usan o nome da AEAT e doutras Administracións dando un prazo curto e en horas, solicitando información. Non accedan a estes enlaces e si teñen contratado con Nós as Notificacións da AEAT non abran nen sequera fai falla que nolas envíen. Bórrenas!
PAGO DE FACTURAS: Está dándose fraudes nos pagos de facturas, sobre todo por transferencias, que foron intervidas nos Correos e no que cambian a conta bancaria de pago do provedor ou cliente por outra que non é correcta.
Deben de verificar estas contas antes de proceder o pago, utilizando un medio con garantías para comprobar que é a conta é correcta: contrastando a conta presencialmente, por teléfono, por outro medio seguro electrónico, tendo certificados e xustificantes das titularidades das contas e calqueira outro medio de comprobación.
O mesmo tempo informar e acreditar os clientes os medios de cobros que son válidos, enviándolle xustificantes, e advertíndoos de que fagan as comprobacións pertinentes para evitar ser víctimas distes fraudes que aparte do perxuicio económico xenera unha incomodidade reputacional cos clientes.
Read more
Este mes lembrámoslle unha vez mais, a importancia de ter contratada a prevención de riscos laborais de tódolo seus centros de traballo, con independenza do tamaño da empresa (incluídos autónomos que contan polo menos cun traballador), da actividade que desenrrole ou do risco que xenere, a cal deberá ser realizada por empresas privadas adicadas a esta xestión, xa que é responsabilidade do empresario velar pola seguridade dos seus traballadores.
O incumprimento da obriga pode considerarse unha falta moi grave que acarrea importantes sancións, e incluso responsabilidades de índole penal no caso dun accidente de traballo que derive na morte do traballador, polo que deberán revisar si teñen cuberta dita obriga cun servizo de prevención xa que nós non podemos faguer dita comprobación, así como que está totalmente actualizada segundo o número de traballadores que contan actualmente.
Read more