NOVO PLAN DA INSPECCION DE TRABALLO NO 2016 SOBRE O REXISTRO DE XORNADA LABORAL
Dende o ano 2013 e tralo RD-ley 16/2013, de 20 de decembro, de medidas para favorecer a contratación estable e mellorar a empregabilidade dos traballadores inclúese no Estatuto dos Traballadores unha disposición que contempla o rexistro diario da xornada dos traballadores e a obriga empresarial de levar o cómputo das horas dos traballadores a tempo parcial.
O Plan de Control 2016 da Inspección de Traballo e Seguridade Social endureceu os controis e está incrementando a revisión dos aspectos que teñen que ver coa actividade da empresa, os seus empregados e o horario de funcionamento con especial atención os rexistros de xornada e cuadrantes de traballadores a tempo parcial.
Como principal novidade nestas actuacións da Inspección figura a vixilancia tamén no rexistro das xornadas dos traballadores a tempo completo que ata o momento non eran obrigatorias. Con isto a Inspección de Traballo pretende evitar o fraude na realización das horas extraordinarias e procurar a súa correcta vixilancia, retribución e cotización.
Polo que o ter contratados traballadores, por Lei debe levarse un rexistro do horario dos empregados con contratos a tempo parcial e completo e implantar sistemas de control para elaborar e xestionar o rexistro da xornada laboral.
CONDICIONS E CONSECUENCIAS DO INCUMPRIMENTO:
Si ben e certo que no contrato do empregado a tempo parcial e a tempo completo debe indicarse a distribución da xornada laboral, o empresario debe cumprir dúas cuestións adicionais:
- Realización do cómputo diario no mes das horas ordinarias e das horas complementarias (no caso de tempos parciais) e extraordinarias (no caso tempos completos) entregando o traballador unha copia do resume xunto coa nómina todo los meses.
- Conservar os rexistros de xornada no centro de traballo durante un período mínimo de catro anos.
NO CASO DE INCUMPRIMENTO DAS OBRIGAS:
Si por parte da inspección comprobase a falta no rexistro de xornada:
- Si se trata dun contrato a tempo parcial, o traballador contratado a xornada parcial presúmese automaticamente a xornada completa.
- Si o incumprimento debese a cuestión formais ou documentais contemplase unha multa de entre 60 e 625 euros por unha infracción considerada como leve según o artigo 6.6. da Lei de Infraccións e Sancións (LISOS).
- Si se comproba o incumprimento de xornada, a multa sería a partir dos 625 euros ata 6.250 euros.
Así pois, resulta fundamental levar un rexistro de xornada polo que poñemos a súa disposición unha plantilla que se adxunta (non hai modelo oficial) e que tamén poden atopar na nosa paxina web www.bieito.com, para xestionar o control diario e posterior entrega o traballador de unha copia correctamente cuberta e asinada coa nómina mensual.
Read more