Circular Setembro 2017
Sociedades mercantís: Posta a disposición da contabilidade e contas anuais 2016
A partires do mes de agosto e no caso de estar interesados, poden solicitarnos Informe da Situación, a contabilidade e as Contas Anuais do 2016 no soporte que sexa máis acaído: CD, USB ou ficheiro en correo electrónico. Nalgunhos casos enviaremos o Informe para que o teñan presente.
En todo caso, poden solicitalo cando vostedes queiran co límite máximo de cinco anos. E aproveitamos para informalos de que no caso de que deixaramos de prestar servizos profesionais con vostedes, poden demandarnos a eliminación distes datos en calquera momento.
Período de Vacacións do Persoal da oficina
Recordamos que durante o mes de agosto e setembro o persoal da oficina rotarán as vacacións e, polo tanto, suxerimos que deben chamar para concertar cita e solicitar xestións e traballos con máis antelación da habitual. En todo caso, as oficinas permanecerán abertas en xornada intensiva de 8:00 a 15:00 e os servizos estarán atendidos.
SUBVENCIÓNS A AUTÓNOMOS E EMPRESAS DO 2017
Durante o 2017 están a saír subvención e axudas da Xunta de Galicia destinadas a autoemprego de autónomos na mesma línea que en anos anteriores, e durante este mes de agosto saíron outras novas, con prazos limitados e con requisitos moi restritivos que as fan impracticables, como é o caso do Bono autónomo.
Con esta circular acompañamos relación das subvencións máis xerais cas características máis básicas destas, que tamén xa informamos na nosa páxina web, e que suxerimos que si están interesados nalgunhas delas contacten con Nós para poder darlle máis información.
Sen outro particular aproveitamos para enviarlles un saúdo.
Atentamente: ASESORÍA BIEITO, S.L.
RELACION DE AXUDAS E SUBVENCIONS PARA 2017
AXUDA BONO AUTÓNOMO:
- Data de publicación 31/07/2017/Remata o prazo o 31/08/2017.
- Importe máximo de 3.000 euros.(Pagamento anticipado)
- Para autónomos con antiguedade de 42 meses( 3 anos e medio)
- Que facturarán no 2016 máis de 12.000 e Beneficios menos de 30.000 euros.
- Gastos en xestión financieina,melloras en procesos produtivos, cadea loxística,relanzamento comercial,imaxen,comunicación, posicionamento web,plan de mellora empresarial, marketing, modelo de negocio, mellora da competividade.
- Debese contar con certificado da entidade prestadora dos servizos que se van recibir e ter certificado dixital para tramitala.
SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN EMPREGO AUTÓNOMO
- Data de publicación:13/3/2017 e Remate de prazo: 30/9/2017.
- Cuantía entre 2.000 e 4.000 en función de que autónomo sexa muller, con discapacidade, si no seu domicilio están todos no paro e si se ubica nun concello rural.
PROGRAMA EMEGA:EMPRESAS CREADAS-FORMADAS POR MULLERES
- Data de publicación:04/08/2017 e Remate de prazo:04/9/2017.
- Cuantía: Pode variar moito entre 6.000 e 22.000.
- Destinadas a posta en marcha de microempresas calqueira que sexa a forma xurídica, para innovación, solventar dificultades, conciliación ou competividade.
AXUDAS OS AUTÓNOMOS QUE CONTRATEN A ASALARIADOS
- Data de publicación: 13/03/2017 e Remate : 30/09/2017.
- Para as autónomos que fagan a primeira contratación durante o primeiro ano da actividade, ou segunda ou terceira nos tres primeiros anos da actividade.
- Cuantías de 5.000 para as primeiras e 6.000 para segundas e terceiras podendo incrementarse nun 25% por ser muller, ter discapacidade, ser todos desempregados ou estar ubicado nunha localidade rural.
CONTRATACION DE PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SGX TEMP./INDEF.
- Data de publicación:04/08/2017 e data Remate: 30/09/2017
- Cuantía de 7.000 para os indefinidos e podíanse incrementar nun 25% por ser muller, ter discapacidade, ser todos desempregados ou estar ubicado nunha localidade rural.
- Si é temporal 250 euros/mes. 1.200 formación ou aprendizaxe ou 3.600 os contratos en prácticas, e 2.500 os que se convertan indefinidos, podéndose incrementar nun 25% nas mesmas condicións que os indefinidos.
OUTRAS SUBVENCIONS E AXUDAS(Indicamos prazo de presentación)
- Programa fomento de contratación de persoas con discapacidade(30-09)
- Incentivos as empresas de inserción laboral(EIL)(04-09).
- Incentivos a contratación indefinida desempregadas de longa duración.(30-09).
- Axudas para desempregados que participen en accións formativas de FP.
ASESORIA BIEITO S.L.
Read more