OBRIGA DOS AUTÓNOMOS DE INCORPORARSE O SISTEMA RED

A Orde Ministerial ESS/214/2018, de 1 de marzo que modifica a Orde ESS/484/2013, establece a obriga dos traballadores por conta propia ou autónomos de incorporarse dende o 01 de Outubro o sistema RED para realizar os trámites no ámbito da Seguridade Social por vía electrónica, incluída a recepción e firma das notificacións.

Para cumplir con esta obriga pódese xestionar directamente a través da Sede Electrónica (SEDESS) ou mediante o Sistema RED, na que un autorizado actúa na túa representación. Para optar pola autorización da representación, rogamos contactar con nos o antes posible para iniciar os trámites mediante o Certificado Dixital.

Ampliar Información

image_pdfimage_print

FOMENTO DE CONTRATACIÓN MOZOS E MOZAS MENORES DE 30 ANOS

O 13 de Abril publicase no DOGA a Orde do de 27 de marzo de 2018 que establece as bases reguladoras dun programa a favor da contratación e formación de xoves. Inclúense dous tipos de axudas pola contratación de persoas desempregadas xoves menores de 30 anos:

-Bono contratación, subvención dende 5.000€ para contratación mínima de 12 meses de persoas desempregadas xoves menores de 30 anos.

-Bono formación, para levar a cabo accións formativas que melloren coñecementos e habilidades relacionadas co posto de traballo, dirixido a persoas contratadas por medio desta orde.

Ampliar Información

image_pdfimage_print
Contacta