Circular Xaneiro 2020
REGULARIZACION DE CUOTAS PARA 2020
Un ano máis, non vamos a facer nengún incremento automático de cuotas para o 2.020, a pesar de que o contrato de prestación de servizos si o permite.
Como xa fixemos en outras ocasións, vamos a regularizar as cuotas en función da carga de traballo e da responsabilidade económica da sua empresa ou actividade, especialmente aquelas que tiñan alguna reducción durante iste ano. Si o cambio é significativo recibirán unha nota explicativa.
De todolos xeitos quedamos a súa disposición para calqueira aclaración ou explicación que nos requiran.
CAMBIOS PARA O ANO 2.020
Como xa saberán con efectos do 01-01-2020 está previsto que suba o Salario Mínimo dos Traballadores, que estaba previsto que fora a 1.000 €, pendente de confirmar, así como as cuotas de autónomos ( xa que sube a base e o tipo, tamén pendente de concretar).
Recomendamos que vaian vendo como vai repercutir na sua empresa, e que o teñan en conta nas negociacións dos novos contratos.
BAIXA DE TRIBUTOS DA XUNTA DE GALICIA PARA 2020
Xa se aprobaron os orzamentos para 2020 cunha rebaixa de impostos que poden ser de interés para telos en conta:
- A exención por herdeiro (pactos de mellora) pasa de 400.000 á 1.000.000 € sin vivenda habitual e entre familiares directos (pais, fillos e cónxuxes).
- A vivenda habitual de segunda mán sita no rural pasa do 7% o 5% do valor.
- Resto de vivendas de segunda man sitas no rural pasa do 10% o 6% do valor.
- Ampliase de 4º a 7º xeneración dos beneficios fiscais da herdanza de empresas familiares.
REALIZACIÓN DE INVENTARIO POR PARTE DAS EMPRESAS
Como xa é coñecido, con efectos do 31 de decembro, as empresas deben de realizar un INVENTARIO das existencias e remitilos as nosas oficinas durante o mes de xaneiro, quedando a vosa disposición para calqueira aclaración.
DECLARACIONS 4º TRIMESTRE 2019
Solicitamos nos envien as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao cuarto trimestre para poder realiza-las declaracións antes do día 15/01/2020.
No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 31/12/19 para poder axustar as contabilidades.
Sen outro particular, aproveitamos para enviar un saúdo.
Asesoria Bieito, S.L.
Read more