Bonos Activa Comercio da Xunta

Desconto 30 euros nas compras.

Entrada en vigor o 3 de maio do 2021 e consiste:

Para Consumidores un desconto de 5€ para compras entre 30 e 50 euros e, se a compra supera os 50€, o desconto será de 10€. O máximo desconto será de 30 euros por persoa. Os clientes terán que descargar unha app a partir do 3 de maio na páxina https://www.bonosactivacomercio.gal/cliente/

Para os Comerciantes ou servizos de perruquería que queiran acollerse terán que rexistrarse e descargar unha app para o cobro do desconto. Hai de prazo dende agora ata o 15 de maio, e para facelo, recibir información e obter o distintivo para anunciarse terán que facelo na páxina: https://www.bonosactivacomercio.gal/comerciante/

Estas xestións deben de facelas directamente vostedes tanto como comerciantes ou clientes. Se teñen dúbidas sobre o proceso, a Xunta pon ó seu servizo a atención telefónica no 012.

image_pdfimage_print

Inormación sobre bonos xunta

PLAN RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS: Axudas directas a compra de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas e encimeras de indución podendo achegar do custe do electrodoméstico o 25%, ou 50% para consumidores vulnerables ou do 75% si son vulnerables severo , sendo a cuantías máximas de 100, 150, 200, 300 ou 450 euros . Prazo dende hoxe ata 30 de setembro(ou remate de fondos). COMERCIOS deben de adherirse para ser entidade colaboradora, si non o fixeron teñen de prazo ata 30 de xuño .Este procedemento deben de facelo vostedes directamente ca Xunta ou por medio das Asociacións que perteñecen.

BONO ENERXÍA PEME PARA AUTÓNOMOS E PEMES DE COMERCIO E HOSTELERIA

Son proxectos subvencionables as inversións en equipos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente incluídos nas seguintes tipoloxías de actuación: a) Bono envolvente,b) Bono iluminación, Bono instalacións eléctricas,d) Bono equipamento, e) Bono climatización,f) Bono inmótica.

O investimento mínimo de 1.000 euros, sen incluír o IVE. A cuantía da axuda do 80% do investimento, máximo 6.000 euros. Prazo dende 14 de abril ata 30 de xuño. SI ESTAN INTERESADOS contacten con Nós.

image_pdfimage_print
Contacta