Tratase dunha sentencia da sala do contencioso do Tribunal Supremo desestimando un Recurso de Casación en interés de Lei presentado pola AEAT, basandose nun cliente de Asesoria Bieito s.l. que presentou ao Tribunal Economico-Administrativo e logo foi presentado polo despacho de Xoán Antón Pérez-Lema e estimado polo Tribunal superior de Galicia. Continue reading “OS GALEGOS NON TERÁN QUE PAGAR COMO GANANCIA PATRIMONIAL POLAS HERDANZAS ENTRE VIVOS PROPIAS DOS PACTOS SUCESORIOS DE GALICIA”
Autor: Xosé Bieito Seara Formoso
Retención IRPF nos arrendamentos de locais de negocio
Como xa vos informamos, lembrade que a retención dos alugueres de locais baixou ó 19,50% dende o día 11/07/2015.
Terceiro trimestre 2015 – envío facturas
Como cada trimestre, solicitamos nos envíen as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao terceiro trimestre. No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 30/09/15 para poder axustar as contabilidades.
Lembren que o prazo para presentar os impostos remata o día 15/10/2015 polo que deben enviarnos as facturas antes do día 06/10/2015.
Horario de oficinas en inverno
Ourense
A partir do xoves día 01/10/2015 o horario da oficina volve a ser de luns a xoves de 9:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 h. , e os venres de 8:00 a 15:00 h.
Maceda
O horario de apertura na oficina de Maceda é de 10 a 14 horas de luns a venres. Nas tardes dos mércores, a oficina permanecerá aberta de 18:30 a 20:30 h.
Envío de documentos
Suxerimos permanezan atentos á circular enviada neste mes aos seus enderezos, xa que enviamos informe laboral correspondente ao segundo trimestre do exercicio 2015.
Vacacións
Recordamos que durante o mes de agosto e setembro o persoal da oficina rotará as vacacións e, polo tanto, suxerimos chamar para concertar cita e solicitar xestións e traballos con máis antelación da habitual. En todo caso, as oficinas permanecerán abertas en xornada intensiva de 8:00 a 14:30 e os servizos estarán atendidos.
Retencións das nóminas de xullo e agosto
O goberno aprobou unha rebaixa do IRPF con efectos dende 1 de xullo que non vai supoñer moito cambio nas nóminas pequenas. En calquera caso, nas nóminas do mes de xullo non se vai aplicar, e esperamos que as que cambien sexan as do mes de agosto.
Sociedades mercantís: recollida de contabilidade e contas anuais 2014
A partires do mes de agosto, e no caso de estar interesados, poden solicitarnos a contabilidade e as Contas Anuais do 2014 no soporte que sexa máis acaído: CD, USB ou ficheiro en correo electrónico.
En todo caso, poden solicitalo cando vostedes queiran co límite máximo de cinco anos, neste caso o ano 2020 que non poderemos garantir a súa conservación nos nosos ficheiro. E aproveitamos para informalos de que, no caso de que deixásemos de prestar servicios profesionais con vostedes, poden demandarnos a eliminación destes datos en calquera momento.