Circular Xaneiro 2017
REGULARIZACION DE CUOTAS PARA 2017
Un ano máis, non vamos a facer nengún incremento automático de cuotas para o 2.017, a pesar de que o Contrato de prestación de servizos si o permite.
Como xa fixemos en outras ocasións, vamos a regularizar as cuotas en función da carga de traballo e da responsabilidade económica da sua empresa ou actividade, especialmente os descontos que se aplicaron durante iste ano 2.016.
De todos os xeitos quedamos a súa disposición para calqueira aclaración ou explicacións que nos requiran.
NOVO E AMPLIO HORARIO PARA UNHA MELLOR ATENCIÓN
Dende o 2017 vamos ampliar o horario da oficina:
De lúns á Xoves de 8,30 á 14,30 e de 15,30 a 18:00 horas.
Os venres de 8:00 á 15:00 hs.
Para garantír unha atención axeitada e ter unha resposta inmediata deben de quedar ca súa responsabel de laboral ou fiscal, especialmente a partir das 14,30 H.
Con esta medida a disponibilidade horaria de lúns o xoves ampliase, podendo ser atendido nunha ampla franxa horaria que vai dende as 8:00 H ata as 19:00 H, ousexa 11 horas, pero sempre que se concerte.
CAMBIOS PARA O ANO 2.017
Xa hai medidas que están aprobados para o ano 2.017 tanto para autónomos, sociedades, que iremos informando según lle vaian afectando. Entre elas está un Sistema de Información inmediata que entra no mes de xullo e que obrigará as empresas a enviar as facturas a AEAT no prazo de catro días.
REALIZACIÓN DE INVENTARIO POR PARTE DAS EMPRESAS:
Como xa é coñecido, con efectos do 31 de decembro, as empresas deben de realizar un INVENTARIO das existencias e remitilos as nosas oficinas durante o mes de xaneiro, quedando a vosa disposición para calqueira aclaración.
DECLARACIONS 4º TRIMESTRE 2016:
Solicitamos nos envien as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao cuarto trimestre para poder realiza-las declaracións antes do día 10/01/2017.
No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 31/12/16 para poder axustar as contabilidades.
Sen outro particular, aproveitamos para enviar un saúdo.
Asesoria Bieito, S.L.