Circular Xullo 2019
CARGO DO IMPORTE DA DECLARACION RENDA DO 2018
Si a declaración da renda do 2018 resultou a pagar recorden que a AEAT pasa o cargo desta o dia 1 de xullo polo banco, polo tanto teñan feita a provisión de fondos para evitar impagos.
DECLARACIÓNS 2º TRIMESTRE 2019:
Deben remitirnos as facturas para realizar as declaracións do segundo trimestre do 2019 e no caso das sociedades deben remitirnos tamén os extractos bancarios ata o 30/06/2019.
Recordamoslles que as declaracións se envian a través de internet a A.E.A.T., polo que se reduce o prazo para a presentación dos trimestres, pasando do día 20 de cada trimestre o día 15, polo tanto deben remitir a documentación o antes posibel pois do contrario as declaracións poderán ir presentadas fora de prazo.
ACTAS E DECLARACIONS DE SOCIEDADES E DEPOSITOS CONTAS 2018:
Durante o mes de xullo, deberán asinar as Actas da Xunta Xeral celebrada no mes de xuño, de aprobación de contas que teñen que asinar todolos socios para incluilas no libro de actas.
Ademáis depositaranse as Contas Anuais do 2018 no Rexistro Mercantil, estas terán que ser asinadas polos Administradores e pagarase unha tasa en torno aos 38,75 euros, que pasaremos ao cobro na factura do mes de agosto. O mesmo tempo ata o 26 de xullo haberá que declarar e ingresar o imposto de sociedades na cuantía que xa lle informamos no seu día no caso de que lle resultara a pagar.
A partir do 31 de Xullo teñen a súa disposición as Contas Anuais e Impostos de Sociedades do 2018 por si necesitan copias para outros efectos, e as perosas físicas e autónomos as súas declaración de renda do 2018.