Novas

Información de interese

Información COVID-19 25/05/2020

Hoxe Domingo publicase a Orden de Sanidade 442 (que se pode descargar aquí: Download) na que se relaciona os Territorios que entran na Fase 2, entre os que se atopa Galicia, eos que entran na Fase 1, a partir de mañán dia 25. Enviamos a copia para que se vexan estes territorios en todo o Estado. A Fase 2 establece:

COMERCIO E PRESTACION DE SERVIZOS:
1.-Apertura distes establecementos do 40% do seu aforo(centros e parques comerciais tamén) iste deberá determinarse en base a distancia de seguridade de 2 metros, e senón só se poderá atender a un cliente
2.-Iste aforo deberá informarse en cartel xunto cas señalizacións no chan da distancia e organización do movemento dentro do establecemento. Non se poderá estar en zonas comús salvo para transitalas, e deberán respectarse medidas de hixiene e prevención para clientes e traballadores recollidos na orden 414 de Sanidade(BOE 16-05-2020).
3.-A xunta poderá cambiar o aforo entre o 30% e 50% distes establecementos , pero a dia de hoxe ainda non se fixo.

HOSTELERIA E RESTAURACION(excepción discotecas e bares de festa nocturna)
1.-Apertura interior do 40% do seu aforo consumindo sentado, non permitindo o autoservicio en barra por parte do cliente pero si poderá venderse productos para levar para casa.
2.-As terrazas seguen o mesmo que na Fase 1: un 30% da sua ocupación habitual, podendo ampliarse por parte do Concello e respectando a distancia de seguridade.
3.-A xunta poderá cambiar o aforo dos interiores e das terrazas entre o 30% e 50%, pero a dia de hoxe ainda non se fixo.
4.-Eliminaranse os “servilleteros”,”palilleros”, vinagretas, aceiteiras, cartas de uso común, priorizando os productos desbotables e de un só uso.
5.-Medidas de hixiene e prevención de limpeza e desinfeción de mobiliario, especialmente entre clientes, pondo a s súa disposición dispensadores desinfectantes e facendo unha atención especial os aseos.

  • Esta orden terá que compatibilizarse ca que informamos o venres sobre a posibilidade de que nos concellos con menos de 10.001 h. e de densidade inferiror a 100 h/Km poderán xa consumirse no interior distes locais. Enlace de concellos os que se poden acoller
    📲https://www.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=31608&name=DLFE-36928.pdf
    *Tamén deberá compatibilizarse ca obrigatoriedade do uso de mascarillas no interior e espacios públicos cando non sexa posible manter a distancia de 2metros.
  • Non se admite nesta Fase 2 o movemento sin causa entre provincias.

ASESORÍA BIEITO.

image_pdfimage_print