Novas

Información de interese

NOVAS RESTRINCIÓNS EN OURENSE

Antonio Puga, Doutor Fleming, Xesús Soria e Avda portugal(Dende Ervedelo ata Irmáns Xesta)
Acabase de publicar no Doga novas medidas de restrincións que entran en vigor as 00:00 horas de mañá dia 19:
1.-Reunións privadas máximo 5 persoas. E mantense a regra xeral do 50% para establecementos e actividades.
2.-Proibese a atención no interior de bares e cafeterias, só poden atender nas terrazas en mesas de 5 persoas e o 50% do seu aforo.
3.-Os Restaurantes poden atender no interior como máximo a 5 persoas por mesa e o 50% de aforo mantendo a distancia interpersonal entre comensales.
Restrincións específicas:bodas, cine,bibliotecas,hoteis, museos…(que neste caso non hai)
DOG 18 de setembro Ourense: Download


RESTRINCIÓNS CONCELLO DE VERÍN pasa a lista de concellos con restrincións como xa está Ourense, salvo nas 4 rúas mencionadas que se amplian hoxe, as restrincións son:
1.-Aforos de comercios, bares e restauración ó 50%, proibido atender na barra, terrazas ó75%. Discotecas e pubs só nas terrazas ata o 75%. Todos teñen que pechar a unha damadrugada e deixar de atender a clientes a partir das 00:00 horas.
2.- Limitación de reunións privadas e pública de 10 persoas.
3.- Limitacións de aforos en celebracións, veloiros e lugares de culto ó 50%.
DOG 18 setembro Verín: Download


RESTINCIÓNS PARA ACTIVIDADE DEPORTIVA FEDERADA. Si se vai participar en actividade deportiva federada que sexa posible o contacto físico, hai que utilizar máscara.

image_pdfimage_print