Novas

Información de interese

Prestacións e axudas

Prestacións dos autónomos

O 30 de xuño remataron a prestacións que se pagaron por parte das mutualidades durante estos meses en estado de alarma. A partir deste mes de Xullo xa non hai a prestación extraordianria pero se manten a exención total da cuota de autónomos para xullo, e do 50% e 25% para agosto e setembro. Esta exención xa se lle concede automaticamente os que recibiron a prestacón ata o 30 de xuño.

Pódese SOLICITAR A PRESTACION DE CESE DE ACTIVIDADE para Xullo,agosto e Setembro si secumpren os seguintes requisitos:

  • Reduccir os ingresos no 75% durante o 3º Trimestre do 2020 con respecto o 3º Trimestre do 2019.
  • Non ter unhos rendimentos netos(beneficios) superiores á 5.818,75 € durante o 3º trimestre do 2020.
  • Ter un periodo mínimo de cotización de 12 meses.

Todos aqueles que entendan oucomproben que poden cumprir estos requisitos terán que indicarnos e ordenarnos que solicitemos esta prestación.

AXUDAS PARA TRABALLADORES EN ERTES OU CON REDUCION DE XORNADA E PARA EMPRESAS E PLANS DE FORMACIÓN PARA OS TRABALLADORES DURANTE AS ESTADIAS EN ERTES

O dia 1 de xullo, publicouse no Doga unha orden de axudas para persoas traballadoras de empresas afectadas por ERTE ou ETOP de suspensión ou redución da xornada de trabllo, para favorecer o poder adquisitivo distes traballadores e así o manteñemento de emprego.

Estas axudas son para as persoas traballadores que se vexan afectadas a partir do dia 1 de xullo e ata 31 de outubro, podendo outer un complemento entre 12 e 15 € diarios. Estas axudas deberán solicitalas as persoas traballadoras das empresas e recomendamos que se dirixan as suas organizacións ou administracións, porque dende Asesoria non nas vamos a tramitar.

Tamén existen axudas para as empresas que se acollan a estes expedentes e que acorden plans de formación para os seus traballadores mentras permanecen no ERTE. Si están interesados deben dirixirse as empresas que se dedican a formación para informarse e no seu caso para tramitalas.

Saúdos
ASESORIA BIEITO S.L.

image_pdfimage_print