As novas medidas de restrincións ou limitacións do COVID19 que aprobaron hoxe no Consello Interterritorial de Saude e que están saindo nos medios de comunicación ainda non entraron en vigor:
peche dos establecementos de ocio nocturno, peche de hosteleria as 01:00 horas, garantir distanciamento de 1,5 m. na barra…
Agora ten que ser aprobadas pola Xunta de Galicia, que poderá incremetalas. A Xunta de momento non informou de cando se van aprobar, en todo caso, cando se publiquen no DOGA o comunicaremos e informaremos con detalle o antes posible.
Lea máis
A xunta aprobou hoxe unha orden que acaba de publicar no DOGA e entra en vigor dentro de media hora (as 24:00 horas), na que modifica o Acordo do 12 de xuño sobre medidas de prevención necesarias para facer frente a crísisis sanitaria ocasianada polo COVID 19, engadindo o seguinte apartado:
“No caso particular de consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou espazos ao aire libre, incluidas as terraza, só se poderá exceptuar a obriga de uso de máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas “
Tamén se aprobaron sendas ordens que afectan o manteñemento das medidas de prevención na Zona de mariña lucense e novas medidas para os Concellos da área da Coruña
Lea máis