Todas as publicacións en Etiqueta

ertes

Prórroga ERTEs e prestación autónomos 29/09/2020

O Consello de Ministros adoptou onte martes 29 os seguintes acordos:

·PRÓRROGA DOS ERTEs ata o 31 de xaneiro do 2021.
Mantéñense as prestacións do 70% e distinguen 3 tipos de ERTEs:
-ERTEs de supensión. Con exoneración de cuotas do 100%.
-ERTEs por limitación de Actividade. Con exoneración de cuotas do 100%, 90%, 70% e 60% para os vindeiros catro meses respectivamente.
-ERTEs para aqueles sectores máis afectados (hai un listado de actividades destes sectores segundo CNAE). Cunha exoneración de cuotas do 85%

·PRESTACIÓNS AUTÓNOMOS:
Extensión e ampliación das axudas para autónomos ata o 31 de xaneiro, creando unha nova prestación extraordinaria para a suspensión da actividade e unha para ingresos baixos.
Iremos enviando máis detalladamente estas informacións nos próximos días na medida que se publiquen e se poidan solicitar.

Asesoría Bieito.

Lea máis

Cargos de cuotas e cotizacións

Lembramos que o lúns 31 de agosto:

  1. Cargan o 50% das cuota de autónomo a todos que durante estes meses recibiron a prestación extraordinaria e non pagaron a cuota, non sabendo que vai pasar cos que teñen solicitado a prestación ordinaria, que en todo caso deberá quedar exenta na sua totalidade.
  2. En canto as cotizacións dos traballadores, van cargar as cotizacións do mes de xullo, que serán integras para aquelas empresas que no mes de xullo xa tiñan a todos os traballaldores rescatados do ERTE, e as que tiñan algún traballador en ERTE, a cotización será do 65% e dos traballadores que rescataron do 40%.

Lea máis