Todas as publicacións en Etiqueta

orense

Información 04/11/2020

2º PRAZO IRPF 2019
Mañá 5 de novembro os contribuintes co IRPF do 2019 a pagar que fracionaran a renta en dous prazos, cargaranlle o segundo no seu banco. Si está no caso, asegurese de ter o saldo correspondente.

APROBACION SUBSIDIO DESEMPREGO DE 430€
Onte aprobouse no Consello de Ministros este subsidio para aquelas persoas que agotaron a prestación de desemprego entre o 14 de marzo e 30 de xuño e non teñen ingresos nin dereito o Ingreso Mínimo Vital.
Tamén se prorroga o acceso extraordinario para os artistase e crease un subsidio de desemprego para persoal técnico e auxiliar do sector artístico.

NOVAS RESTRINCIÓNS PARA OURENSE DURANTE UN MES
A partir das 15 horas do venres 6 de novembro paraos Concellos de Ourense, Barbadás, Carballiño, Coles, Amoeiro, O Pereiro de Aguiar , San cibrao das Viñas, Toén, Verin e Xinzo:
1) Peche perimetral e de movemento destas áreas, salvo para traballo, escola, coidado de maiores e razóns sanitarias.
2) Peche Total do sector de hosteleria salvo para recoller ou levar comida a domicilio.
3) O Comercio e o resto de actividades manterase no aforo do 50% e medidas de seguridade coñecidas.

MANTENSE O RESTO DE MEDIAS PARA OS DEMAIS CONCELLOS
O resto dos Concellos da provincia mantense as medidas, especialmente hosteleria: non atención en barra, 50% interior e 75% terrazas, e aforos 50% no resto.

ANUNIANSE MEDIDAS DE APOIO SECTOR HOSTELERIA
A xunta anunciou que no consello de mañá xoves se tomarian medidas de apoio o sector hosteleria e osseus traballadores.

ANTE ESTAS MEDIDAS POSIBILIDADE DE SOLICITAR NOVOS ERTES

Estas restrincións que entran en vigor o venres para os Concellos afectados como as outras medidas para o resto do concello son suficentes para acollerse a un ERTE por impedimento ou limitativo con prestacións para traballadores e exoneración de cuotas que poden ir do 100% ata o 80%. Si estan interesados contacten con Nós.

Lea máis

Información COVID-19 30/10/2020

NOVAS RESTRICIÓNS
A xunta acaba de anunciar o peche perimetral para impedir a mobilidade das sete ciudades galegas a partir de hoxe ás tres da tarde, ainda pendente de publicación no DOG. Ourense xa estaba pechado co resto dos concellos da provincia que xa estaban.

SUBIDA CUOTA DE AUTÓNOMO
Neste mes van aplicar a subida da cuota de autónomos do 30% ao 30,3% da base de cotización que xa estaba aprobada no 2018. A coantía vai supoñer uns euros neste mes, pero está prevista que pasen os nove meses restantes do 2020 nun recibo a maiores dentro duns días.

SUBVENCIÓNS DE AUTÓNOMOS CONCELLO DE OURENSE
Durante este mes xa lle fomos informando que está solicitada e agora pendente do seu cobro.

PRESTACIÓNS DE AUTÓNOMOS PARA O 4º TRIMESTRE
Se foi dos que lle informamos da solcitude de prestación de autónomo do 4º trimestre, pode que xa reciban a prestación neste mes, neste caso pagaranlle prestación máis cuota de autónomo, e a Seguridade Social pasaralle o mesmo tempo o cargo da cuota da Seguridade Social ó seu Banco. Se non reciben a prestación este mes pagaranlla no mes de novembro.

Lea máis

Información COVID19 28/10/2020

Como saben, o domingo 25 de novembro foi declarado o Estado de Alarma e a Consellería de Sanidade da Xunta acordou onte, aínda pendente de publicar no DOG, que van entrar en vigor as 00:00 horas de mañá xoves as seguintes medidas:

1º.-Manter o horario de restrición da mobilidade polas vías e lugares públicos entre as 23:00 e 6:00 horas, salvo xustificacións que estén reguladas.
2º.-Manter as restricións xa informadas dos Concellos e Comarcas da provincia de Ourense con todas as particularidades.

PRESUPOSTOS 2021
Estanse anunciando medidas dos presupostos do 2021 que infomaremos detalladamente cando se aproben e vain entrar en vigor.


Asesoría Bieito.

Lea máis

Información COVID19 21/10/2020

Como vostedes saberám, Sanidade acordou, pero está pendente de publicar no Doga, aínda que vai entrar en vigor as 00:00 horas de mañá xoves o seguinte:


1º.-Limitación das xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de cinco(5) persoas.
2º.-Mantense as restrincións a mobilidade perimetral entre os concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios. Nestes mesmos Concellos , e onde se pechará toda actividade considerada non esencial: actividade de todos os establecementos vencellados a espectáculos públicos e actividades recreativas, incluídos no anexo do Decreto 124/2019, en que se insire o catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público:pecharán cines, teatros, auditorios, establecementos de espectáculos deportivos, salas de bingo, salas de xogo, estadios deportivos, pavillóns, recintos deportivos, ximnasios, piscinas, salóns recreativos, parques multiocio, museos, bibliotecas, salas de conferencia, restaurantes, cafeterías, bares e centros de lecer infantil, entre outros.Non obstante, a medida non afectará aos establecementos de actividade minorista que poderá permanecer abertos; nin aos locais de hostalería e restauración que desempeñen os seus servizos en centros hoteleiros ou en centros de traballo.
3º.- Decidiuse manter ao nivel 3 de restrición os concellos de Ourense, Barbadás e Verín, incorporando Oimbra e Vilardevós con restricións de xuntanzas a grupos de persoas que non viven xuntas. Lembramos que bares e cafeterías limitaranse a atender nas terrazas a grupos de persoas que viven xuntas. Os restaurantes poden servir tamén no interior, cun aforo limitado ao 50%., Aparte das limitaciós de mobilidade perimetral en cada zona.
4º.- Manteñense todas as restrincións establecidas con anterioridade.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID19 10/10/2020

A orden de Sanidade que entrou en vigor hoxe, mantense as restrincións das comarcas do Carballiño, O Ribeiro,Ourense, Verin, Valdeorras, Allariz-Maceda. Asi como prohibir reunións de non conviventes en Ourense, Barbadas, Verín, O Barco e comarca de Carballiño. E prohición de mobilidade nos concellos de Ourense, Barbadás e agora tamén Carballiño.
AS RESTRINCIÓNS PODEN SER CAUSA DE SOLICITUDE DE NOVOS ERTES
A limitación de aforos de establecimentos de hosteleria, comercio e profesionais, así como a proibicións de atención en interiores de locais poden ser causa de solicitar un novo ERTE para traballadores afectados. Si están nesta situación contacten con Nós. Aqueles establecementos que polas medidas de restrinción se vexan obrigados a pechar, existe a posibilidade de solicitar unha prestación durante os meses que dure esta situación.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID19 08/10/2020

Xa se publicou a orden das restrincións de mobilidade de Ourense e Barbadás, así como as restrincións dos Concellos de varias Comarcas da provincia que entran en vigor hoxe. Dado que a orden está recollida toda a normativa, enviasmosvola porque vale como documento de referencia para consultar todos os aspectos. As medidas concretas están recollidas no Anexo I para os demáis Concellos, e no Anexo II para Ourense e Barbadás.

Pode descargar o DOG aquí: Download

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID19 07/10/2020

As restrincións que se anunciaron por Sanidade , que afectan a 54 Concellos da provincia e que entran en vigor mañá, están pendentes da publicación no Doga, como adianto adxuntamos un gráfico informativo da TVG que é clarificador, si temos que completar a información, faremolo nas próximas horas.

Gráfico TV sobre restricións



ASESORIA BIEITO

Lea máis