Todas as publicacións en Etiqueta

sanidade

Información COVID19 28/10/2020

Como saben, o domingo 25 de novembro foi declarado o Estado de Alarma e a Consellería de Sanidade da Xunta acordou onte, aínda pendente de publicar no DOG, que van entrar en vigor as 00:00 horas de mañá xoves as seguintes medidas:

1º.-Manter o horario de restrición da mobilidade polas vías e lugares públicos entre as 23:00 e 6:00 horas, salvo xustificacións que estén reguladas.
2º.-Manter as restricións xa informadas dos Concellos e Comarcas da provincia de Ourense con todas as particularidades.

PRESUPOSTOS 2021
Estanse anunciando medidas dos presupostos do 2021 que infomaremos detalladamente cando se aproben e vain entrar en vigor.


Asesoría Bieito.

Lea máis

Información COVID19 21/10/2020

Como vostedes saberám, Sanidade acordou, pero está pendente de publicar no Doga, aínda que vai entrar en vigor as 00:00 horas de mañá xoves o seguinte:


1º.-Limitación das xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de cinco(5) persoas.
2º.-Mantense as restrincións a mobilidade perimetral entre os concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios. Nestes mesmos Concellos , e onde se pechará toda actividade considerada non esencial: actividade de todos os establecementos vencellados a espectáculos públicos e actividades recreativas, incluídos no anexo do Decreto 124/2019, en que se insire o catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público:pecharán cines, teatros, auditorios, establecementos de espectáculos deportivos, salas de bingo, salas de xogo, estadios deportivos, pavillóns, recintos deportivos, ximnasios, piscinas, salóns recreativos, parques multiocio, museos, bibliotecas, salas de conferencia, restaurantes, cafeterías, bares e centros de lecer infantil, entre outros.Non obstante, a medida non afectará aos establecementos de actividade minorista que poderá permanecer abertos; nin aos locais de hostalería e restauración que desempeñen os seus servizos en centros hoteleiros ou en centros de traballo.
3º.- Decidiuse manter ao nivel 3 de restrición os concellos de Ourense, Barbadás e Verín, incorporando Oimbra e Vilardevós con restricións de xuntanzas a grupos de persoas que non viven xuntas. Lembramos que bares e cafeterías limitaranse a atender nas terrazas a grupos de persoas que viven xuntas. Os restaurantes poden servir tamén no interior, cun aforo limitado ao 50%., Aparte das limitaciós de mobilidade perimetral en cada zona.
4º.- Manteñense todas as restrincións establecidas con anterioridade.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID19 14/10/2020

Como vostedes saberán, Sanidade acordou, pero está pendente de publicar no Doga, aínda que vai entrar en vigor as 00:00 horas de mañá xoves o seguinte:
1º.-Limitación das xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas.
2º.-Restrinxir a mobilidade perimetral entre os concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios.
3º.- Decidiuse elevar ao nivel 3 de restrición no concello de Verín, no que siguen as restricións de xuntanzas a grupos de persoas que non viven xuntas. Lembramos que bares e cafeterías limitaranse a atender nas terrazas a grupos de persoas que viven xuntas. Os restaurantes poden servir tamén no interior, cun aforo limitado ao 50%.
4º.-Entra en nivel 2 a comarca de Celanova. Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra
5º.- Manteñense todas as restrincións establecidas con anterioridade.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID19 10/10/2020

A orden de Sanidade que entrou en vigor hoxe, mantense as restrincións das comarcas do Carballiño, O Ribeiro,Ourense, Verin, Valdeorras, Allariz-Maceda. Asi como prohibir reunións de non conviventes en Ourense, Barbadas, Verín, O Barco e comarca de Carballiño. E prohición de mobilidade nos concellos de Ourense, Barbadás e agora tamén Carballiño.
AS RESTRINCIÓNS PODEN SER CAUSA DE SOLICITUDE DE NOVOS ERTES
A limitación de aforos de establecimentos de hosteleria, comercio e profesionais, así como a proibicións de atención en interiores de locais poden ser causa de solicitar un novo ERTE para traballadores afectados. Si están nesta situación contacten con Nós. Aqueles establecementos que polas medidas de restrinción se vexan obrigados a pechar, existe a posibilidade de solicitar unha prestación durante os meses que dure esta situación.

ASESORIA BIEITO

Lea máis