Todas as publicacións en Etiqueta

galicia

Información COVID-19 13/01/2021

A Xunta acaba de anunciar as novas medidas a aplicar a partir do 15 de xaneiro:

Toque de queda as 22:00 horas.
-Toda a hostelería ten que pechar as 18:00 horas. Pódense facer entregas a domicilio de 18:00 a 22:00.
-O comercio ten que pechar as 21:30 horas.
Reunións públicas e privadas limitadas a un máximo de 4 persoas non conviventes.

Recomendación de moverse soamente polo esencial.

Todos os concellos estarán nun dos dous níveis: Alto e Medio-alto.

Na provincia de Ourense:

-Os concellos do nivel Alto: Ourense, Barbadás, Carballiño, Allariz, Verín, Monterrei e Xinzo de Limia. Peche perímetral individual para cada un destes concellos (elimínase o conxunto de Ourense-Barbadás). Aforo hostelería: interior pechado e nas terrazas o 50%. Aforo máximo no comercio o 30%.

-Os concellos do nivel Medio-alto: o resto. Aforo hostelería: interior 30% e terrazas ó 50%. Aforo máximo no comercio o 50%.

Mantense peche perimetral de Galicia todo o mes de xaneiro.

Anunciouse a prórroga dos ERTEs ata maio e pendentes do que se vai facer coas prestacións.

Un saúdo,
ASESORÍA BIEITO

Lea máis

Información COVID-19 08/01/2021

A Xunta acaba de anunciar as NOVAS MEDIDAS a aplicar sen determinar se van entrar en vigor mañá sábado 9 ou pasado domingo 10. Dada a importancia preferimos adiantalas:

Na provincia de Ourense pasan ao nível medio-alto os concellos de Ourense e Barbadás con peche perimetral e retricción da mobilidade. Mantéñense neste nivel os concellos de A Rúa, Sarreaus e Xinzo de Limia.

Recordamos que neste nivel a hostelería ten aforos no interior do 30% e no exterior do 50%, a hora de peche as 18:00 e cun límite de reunións de catro persoas non convivintes.

Tamén se manteñen as restriccións máximas perimetrais entre os concellos de Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro. Neste caso, os aforos de hostelería son máis limitados : 0% interior, 50% exterior.

Peche perimetral de Galicia todo o mes de xaneiro. Blindaxe das residencias, prohibindo sair a usuarios e limitando visitas a unha única persoa por semán cada residente. Mantense o toque de queda.

Tamén pasan a nivel alto: Santiago, Ames e Teo, e a medio-alto a almendra de A Coruña.

Esten atentos a entrada en vigor.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID19 14/10/2020

Como vostedes saberán, Sanidade acordou, pero está pendente de publicar no Doga, aínda que vai entrar en vigor as 00:00 horas de mañá xoves o seguinte:
1º.-Limitación das xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas.
2º.-Restrinxir a mobilidade perimetral entre os concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios.
3º.- Decidiuse elevar ao nivel 3 de restrición no concello de Verín, no que siguen as restricións de xuntanzas a grupos de persoas que non viven xuntas. Lembramos que bares e cafeterías limitaranse a atender nas terrazas a grupos de persoas que viven xuntas. Os restaurantes poden servir tamén no interior, cun aforo limitado ao 50%.
4º.-Entra en nivel 2 a comarca de Celanova. Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra
5º.- Manteñense todas as restrincións establecidas con anterioridade.

ASESORIA BIEITO

Lea máis